Continuamos coa clasificación dos animais: vermes, moluscos, artrópodos,...
No laboratorio temos exemplos de cada grupo!
Mirade a seguinte foto:
É unha nacra (pinna nobilis) o molusco bivalvo máis grande do Mediterráneo e un dos máis grandes do mundo. Mide ata un metro de altura e 30 cm. de ancho. Pode vivir entre 15 e 20 anos. Atópase enterrada entre os rizomas dunha alga e actualmente está considerada como especie protexida.
Esta podemos vela no laboratorio e, de paso, tomar conciencia da importancia de protexer o medio ambiente.