O venres 22 de novembro a asociación ABAGAL estivo no noso cole, co alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, para concienciarnos sobre a prevención dos trastornos da conduta alimentaria.
Aquí vemos a Dani falándonos sobre os beneficios dunha alimentación saudable:
Mediante a dinámica de grupos pequenos traballamos os hábitos alimenticios e coa pirámide dos alimentos. Aprendemos un montón de cousas que agora hai que poñer en práctica. ALIMËNTA-T BEN!!