Na quinta sesión MUS-E continuamos traballando o movemento asociado á manifestación das emocións. Engadimos unha actividade con panos de cores que nos facilitaban a expresión. Ao remate, coa axuda dos paniños, un compañeir@ e unha música relaxante, marchamos para clase tranquilos e sosegados.
Agardamos con ilusión a que chegue o vindeiro venres!