CURSO 21-22: Da cabeza aos pés, do dereito e do revés

PLANTACIÓN DE FRUTAIS

Como complemento da actividade de poda realizada anteriormente, onte , 3 de marzo, fixemos unha plantación de especies frutais no patio do colexio na que participaron as dúas etapas. Esta actividade servirá para dar vida ao noso patio e para fornecer de froita aos usuarios do centro. As especies plantadas son variadas pero con ciclos de floración escalonados para asegurar que haxa froita case ao longo de todo o curso escolar e o alumnado poida desfrutarla.

Reiteramos as grazas a Afonso pola súa colaboración e magníficas explicacións.

GALERÍA DE FOTOS

ENTROIDO 2022

Este curso, seguindo o criterio doutros anos, celebramos o Entroido coa temática do proxecto de centro que, como xa sabedes, ten como tema central o corpo humano, as consignas do Meco foron as seguintes: o mércores “Para que a festa sexa rachada, trae posta na cabeza algunha pallasada” e o xoves “E para que a festa sexa bestial, saca no resto do corpo o teu animal”....o venres non faremos o pasarrúas nen degustación de produtos típicos destas datas pero para paliar un pouco a agonía desta pandemia vimos disfrazados de  “O que che pida o corpo”....e a desfrutar!!.

ANIMALADA EN 5º

O venres celebramos o festival do Entroido. Cada un veu co que o corpo lle pediu. Houbo de todo.....

 

O concurso de disfrces deixou varios gañadores....

Pablo e Catuxa

Pepa

Álex e Samuel

Lois e Dani

 

FOTOS DO FESTIVAL

VÍDEOS

 

O alumnado de 6º confeccionou unhas máscaras típicas do entroido da zona de Verín:

O Meco deste ano correu a cargo do alumnado de 3º de ESO B e este foi o resultado:

Momento da creación..

FOTOS DA ELABORACIÓN DO MECO

Despois do festival e do concurso, queimamos , como vén sendo tradición, ao noso Meco...os encargados de poñerlle lume forn os de 4º de ESO:

 

 

 

SAÚDE VISUAL

 

 

O alumnado de 3º e 4º de primaria puido asistir a un obradoiro sobre  a vista e a saúde visual no que aprenderon que a vista ofrece información do noso medio, coñeceron as partes do ollo: cellas, pestanas, pálpebras,córnea, iris, pupila, cristalino,retina, e tamén o que é a miopía, hipermetropía, astigmatismo, prebicia e outras enfermidades como cataratas e estrabismo.

Tamén se falou da visión estereoscópica e visión periférica e de curiosidades como cal é o animal que ten os dous tipos de visión.

Ofreceronnos tamén consellos para protexernos ben do sol con gafas homologadas e recomendacións para o coidado da vista como reducir o uso das pantallas dixitais, ler e estudar con luz suficiente, mantendo distancia, así como que os ópticos optometristas recomendan unha revisión anual para coidar os nosos ollos.

 Dámoslle as grazas a Mª José Diz por este tan interesante obradoiro!!!


ENLACE Á PRESENTACIÓN

 

PERCUSIÓN CORPORAL

O alumnado de 2º de primaria realizou un exercicio de percusión corporal na clase de EF. No enlace podedes ver un vídeo do momento:

ENLACE VÍDEO 2º EP

Os de 6º non quixeron ser menos e improvisaron a súa propia actividade percusionista despois dunha sesión de saltos e trepas...

ENLACE VÍDEO 6º EP

 

Que  xeito lle dan!!!!

 

OBRADOIRO SOBRE O CORPO HUMANO EN PRIMARIA

 

 

David e Yoli de Arenaria presentaron hoxe un obradoiro para primaria no que trataron os temas do corpo humano e a evolución. Tamén contaron curiosidades sobre os órganos: sobre o cerebro, o corazón (sorprende saber que o da musaraña late a 1200 pulsacións por minuto e que o da balea azul pesa 650kg).  Aprendemos ademais que existen animais de sangue azul e transparente e realizamos un experimento sobre funcionamento do corazón.
Houbo tamén tempo para falar dos pulmóns: supermáquinas de intercambio gasoso e que o récord guiness teno unha persoa que estivo 68 anos con hipo!
O aparello dixestivo tamén ten o seu........e o respiratorio nos mostra que cada persoa libera unha cantidade de CO2 ao día igual ca dun coche cando percorre 5km.


Dende a nosa parente a lamprea  ata curiosidades do noso corpo.

Os aspectos que abordaron en 2º e 3º foron: antepasados dos humanos, animais de sangue azul, vermella e branca, experimentos coas mans, partes do corpo humano, reaccións que se producen no estómago, semellanzas con outros animais...

Agradecemos a disposición e a calidade das súas explicacións.

 

GRAZAS ARENARIA pola vosa colaboración e adicación!!!!!. Continuamos aprendendo con vós!!!


 

GALERÍA DE FOTOS

DO DEREITO E DO REVÉS, TI COMO ES?

Partindo do proxecto de centro “Da cabeza aos pés, do dereito e do revés” os rapaces e rapazas de 4º EP estivemos coñecendo a Angélica Dass. Esta muller é unha fotógrafa que foi retratando por distintos lugares do mundo a numerosas persoas. O seu obxectivo era facernos ver que todos e todas somos diferentes. Con todas as imaxes  creou unha exposición na que nos invita a reflexionar sobre a riqueza que supón a diversidade e, en concreto, a diversidade dos tons de pel.

 

A partir de aquí cada un de nós elaborou o seu autorretrato e con todos eles fixemos a nosa propia exposición.

 

 Fai o teu autorretrato e únete ao noso mural!

 

O AZUCRE INVISIBLE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Neste último mes na clase de 4º estivemos traballando sobre a importancia de levar unha dieta saudable e estivemos vendo que algunhas das bebidas que máis nos gustan levan unha gran cantidade de azucre. Para comprobalo trouxemos algúns envases e recollemos en bolsiñas a cantidade de azucre que ten cada un destes produtos. Mirade que sorpresa levamos:

 

Esta substancia resulta moi prexudicial para a saúde podendo chegar a ser a causa de moitas enfermidades, así tomade nota e bebede moita auga que non contén nada de azucre! 

 

 

 

ACTIVIDADE DE 5º DE PRIMARIA

Dentro do proxecto sobre o corpo humano, " Da cabeza aos pés, do dereito e do revés", que estamos a desenvolver este curso no colexio, en 5º de Educación Primaria, na materia de plástica, traballamoso retrato do cadro "A moza da perla", de Johannes Vermeer.

Aquí deixámosvos o resultado dun dostraballos sobre este autor:

 

No ENLACE podedes acceder ao traballo de Carolina Saborido.

PROXECTO DE CENTRO DE 2º DE PRIMARIA

O alumnado de 2º de primaria decorou a porta da clase con motivos relacionados co seu proxecto de centro.....cánto van aprender sobre a hixiene dental!!!

SAMAÍN 2021

 

Este curso, igual que o pasado, a pandemia impídenos desfrutar completamente do Samagosto. Non haberá castañas nen chourizos pero sí celebraremos o Samaín coa tradicional exposición de preciosas cabazas decoradas polo alumnado de primaria e tamén cun desfile-concurso organizado para todo o alumnado do centro no que un tribunal composto por profesorado do cole valorará  a creatividade literaria do alumnado á hora de elaborar un poema de Rosalía de Castro que reflectirá os nosos medos na forma dunha " negra sombra"......

Haberá varias categorías de premios en función dos diferentes niveis, aínda que o agasallo máis importante será poder desfrutar dunha actividade diferente e divertida.

Unha pequena mostra do que xa se está a facer.

GALERÍA FOTOS

HABERÁ MÁIS, MOITO MÁIS........

 

Pois nada, xa celebramos , e agora toca compartir a nova con toda a nosa comunidade.

Houbo desfile de sombras e moitos disfraces fabulosos. Tamén concurso e gañadores. Aquí tedes unha mostra:

 


 

Alumnado e profesorado portaron as súas "negras sombras" sobre as que reflectiron os seus propios medos.

O concurso agasallou os textos máis orixinais. Incluso os houbo escritos na linguaxe de signos...

 

...e con pictos. Inclusivos que somos.

 O xurado deliberou moito...

......e, finalmente, os gañadores do concurso de poemas "negar sombra" foron:

PRIMARIA

O grupo de 1º

O grupo de 4º

O grupo de 5º

SECUNDARIA:

O primeiro premio foi para Manuel Boullón de 2º de ESO e o segundo premio para Naiara Vidal de 3º B.

NORABOA A TOD@S OS PARTICIPANTES E GAÑADORES!!!

UNha vez rematado o concurso, o alumnado de secundaria desfrutou das historias contadas polo noso sempre ben recibido Quico Cadaval. Grazas Quico pola túa presencia e por amenizar esta última etapa do noso Samaín.

 

Tamén houbo outras actividades realcionadas co Samaín. O alumnado de 1.° e 2.° de primaria realizou un terrorífico obradoiro de cociña. Elaborou receitas que metían medo; pero estaban ben saborosas. Fixeron vasoiras con queixo, arañas e mouchos con galletas.

GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE DE 1º E 2º

 

 

 

ENLACE A "O NOSO EUSEBIO"

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet