CURSO 21-22: Da cabeza aos pés, do dereito e do revés

SISTEMAS DO CORPO HUMANO 5º EP

O alumndo de 5º fixo un vídeo que recolle os proxectos feitos sobre os sistemas do corpo humano.

No enlace podedes acceder a este vídeo.

VÍDEO

VÍDEOCLIP 2022

Este é o vídeoclip " NON TES PREZO" deste curso 21-22 realizado polos departamentos de Música, Debuxo e Lingua Galega...e, por suposto, polo noso marabilloso alumnado de 4º de ESO!!!!!

XENIAL!!!!. ESPECTACULAR!!!!

PARABÉNS A TOD@S!!!!

 

"NON TES PREZO"

 https://www.youtube.com/watch?v=cGyBbaeX_k0

VIDEOCLIP 21-22

 

O alumnado de 4º de ESO desprazouse a Boiro para gravar a primeira parte do vídeoclip deste curso....non desvelamos información para manter a intriga pero sí adiantamos unhas fotos destes momentos da gravación:


 

MUS-E SESIÓN II

Na segunda sesión MUS-E practicamos a escoita activa, a conexión con nós mesmos e aprendemos estratexias para sentir calma e paz interior. Tamén xestionamos o espazo xogando a través da danza e por último probamos un exercicio de coordinación c@ compañeir@.

Gústanos moito asistir a estas sesións que nos aportan reflexión e serenidade.

Moitas grazas, Xus!

GALERÍA DE FOTOS

CÓCTELES SAUDABLES

 

O concello de Dodro organiza no noso centro, dentro do Prograna de Edusaúde  e dirixido polo persoal do Plan de Prevención de Condutas Adictivas que desenvolven os concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga, un obradoiro de cócteles saudables para a etapa de primaria e de secundaria. Onte desfrutaron desta actividade os alumnos e alumnas de primaria degustando cócteles feitos con plátano, fresas e  espinacas, unha combinación que, aínda que non o creades, resulta deliciosa. Con esto tentamos fomentar o consumo de froitas e verduras frescas entre o noso alumnado.


A vindeira semana será o alumnado de ESO o que participe na actividade...atentos á publicación!!.

GALERÍA DE FOTOS EP

Pois xa foi a quenda do alumnado de 3º e 4º de ESO...e, a continuación tocoulles aos grupos de 1º e 2º. Quedaron marabillados do rico que estaba todo.



 

GALERÍA DE FOTOS 

 

BEAT BOX

O 20 de abril 3º e 4º da ESO fixemos un obradoiro de Beat Box (a arte urbana de imitar unha caixa de ritmos usando unicamente a boca e o aparato fonador) Narci Rodríguez veu darnos este obradoiro e fíxonos unha demostración de como usar o Beat Box utilizando un looper, como podedes ver no vídeo.

 

 

 

ENLACE AO VÍDEO

 

HÁBITOS SAUDABLES CON ARENARIA

 

No día de onte volve a visitarnos David de Arenaria.  Explicou a importancia de incluir na dieta legumes, verduras, carne, peixe,  y conservas de peixes e falou tamén sobre o azucre que levan os refrescos.
Explicou as diferenzas que hai entre os diferentes tipos de leite e como o noso organismo o dixiere e fixemos experimentos con ovos e co almidón  das fariñas.

O alumnado estivo moi atento as súas explicacións e obtivo resposta a cada unha das súas dúbidas.

Grazas de novo pola vosa colaboración, ARENARIA.

 

MITOS ALIMENTARIOS

Dentro do programa  EDUsaúde, o alumnado de 1º e 2º de ESO tivo a oportunidade de participar nun obradoiro do que xa desfrutaron, en meses anteriores e grazas á colaboración de Arenaria Coordinación, o resto do alumnado do centro.
A rapazada aprendeu a ler un protocolo de laboratorio e seguir os pasos para coñecer canta vitamina C pode conter un refresco gasoso, un zume en brick e un zume natural. 
 
 
En 1º xogaron un Kahoot que  lles levou a avaliar os coñecementos e reflexionar sobre mitos alimentarios que se escoitan e que len a cotío e fixeron experimentos moi interesantes. 

 

GALERÍA DE FOTOS

APARELLOS EN 1º DE PRIMARIA

 

 

Despois de aprender como funcionan, o alumnado de 1º de primaria fixo unha catividade onde representou os aparellos dixestivo e circulatorio e que podemos ver no vídeo:

APARELLO CIRCULATORIO E DIXESTIVO

IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. CURSO 2021-2022

“DA CABEZA AOS PÉS CO CORPO AO REVÉS”

 

   As fotografías gañadoras  do  IX Concurso de Fotografía Matemática do curso 2021-2022 son:

1º PREMIO      RESILIENCIA. HUGO RONCERO 1º ESO

2º PREMIO   ESTRELA DA IDADE. NAIRA FERREIRÓS 3º ESO A

3º PREMIO   PITÁGORAS. NAIARA VIDAL 3º ESO B

 

  Parabéns a todo o alumnado participante, vémonos o próximo curso!

FOTOS PARTICIPANTES

 

Powered by Drupal - Design by artinet