O alumnado de 3º e 4º de primaria puido asistir a un obradoiro sobre a vista e a saúde visual no que aprenderon que a vista ofrece información do noso medio, coñeceron as partes do ollo: cellas, pestanas, pálpebras,córnea, iris, pupila, cristalino,retina, e tamén o que é a miopía, hipermetropía, astigmatismo, prebicia e outras enfermidades como cataratas e estrabismo.
Tamén se falou da visión estereoscópica e visión periférica e de curiosidades como cal é o animal que ten os dous tipos de visión.
Ofreceronnos tamén consellos para protexernos ben do sol con gafas homologadas e recomendacións para o coidado da vista como reducir o uso das pantallas dixitais, ler e estudar con luz suficiente, mantendo distancia, así como que os ópticos optometristas recomendan unha revisión anual para coidar os nosos ollos.
Dámoslle as grazas a Mª José Diz por este tan interesante obradoiro!!!