Skip to Content

Letras Galegas 2017

Non te esquezas que eres galega/o!

...E ASÍ REMATA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

Despois de contar os contos da “Galiña azul” durante toda a semana. Hoxe rematamos cunha actividade plástica. Os cursos de 4º, 5º e 6º compartimos unha manualidade cos cursos de infantil, 1º, 2º e 3º. Como non podía ser doutro xeito, despedimos a semana adicada a Carlos Casares, facendo unha galiña azul.

Unha galiña azul con ovos de cores, como a de Casares, e con ovos de chocolate. Este agasallo representa o agradecemento dos cursos lectores aos demais compañeiros do cole para que non se esquezan de que son galegos, como facía Casares con Ana.

 

Grazas Carlos Casares polos teus libros!!

Manualidade "A Galiña Azul" de Carlos Casares

A clase de 5º A viu festexar as Letras Galegas á nosa clase. Durante a semana nos contaron "A galiña azul" e o venres "A formiguiña esquiadora". Para rematar fixemos unha manualidade dunha galiña azul. Axudáronnos en todo e nos agasallaron cun ovo de chocolate!!! MOITAS GRAZAS POR VIR E NORABOA POR TODO O VOSO TRABALLO!!! DISFRUTÁMOLO MOITÍIIIIISIMOOO!!!

Guardar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seguimos contando "A Galiña azul" de Carlos Casares

Hoxe 18 de maio , continuamos no cole coa lectura da “Galiña azul”.  Algúns grupos contamos o conto da “Formiga esquiadora” e outros a “Galiña azul”.

Mañá finalizamos con esta actividade da semana das Letras Galegas cunha sorpresa moi especial.

 

4º B conta a 4 anos: "A formiga esquiadora"

 

4º A conta a 3 anos: "A formiga esquiadora"

 

6º A conta a 2º: "A galiña azul"


                                       Grazas Carlos Casares por este libro tan divertido!

 

A semana das Letras Galegas tinguíuse de azul

Hoxe, martes 16 de maio, os alumnos e alumnas de 4º , 5º e 6º continuamos representando, ás demais aulas do cole, os contos que Carlos Casares escribiu no seu libro “A galiña azul”.

Algunhas clases decidiron contar “A formiga esquiadora” e outras decantáronse por “A galiña azul”.

4º A conta a 3 anos: "A galiña azul" (Cóntamos en A e B)

 

5ºB conta a Primeiro: "A galiña azul" (Cóntamos en A e B)

5ºA conta a 5 anos: "A galiña azul"

 

6ºB conta a 2º "A formiga esquiadora"

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

O xoves voltamos con outro conto de Casares

Letras Galegas 2017

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS É AZUL

 

  Hoxe 15 de maio comeza a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado ó escritor Carlos Casares.Para conmemoralo imos facer unha actividade conxunta en todo o cole. O alumnado de cuarto, quinto e sexto vaise repartir para ir ás clases de infantil, primeiro, segundo e terceiro;  a contarlle o conto “A galiña azul” do escritor homenaxeado.

 

    Cada día e ó longo da semana, na hora de ler, imos contar os contos que Carlos Casares lle escribiu a Ana,  para que non se esqueza  que é galega. Nós, hoxe, iniciamos a lectura deste  libro, presentando a Ana e contando  o conto do peixe no xardín.

 

6ºA conta a 2º

 

4º A conta a 3 anos A e B

                         

 
5º A conta a 5 anos A e B
 
 

Mañá , que conto nos tocará??

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut