A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS É AZUL
Hoxe 15 de maio comeza a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado ó escritor Carlos Casares.Para conmemoralo imos facer unha actividade conxunta en todo o cole. O alumnado de cuarto, quinto e sexto vaise repartir para ir ás clases de infantil, primeiro, segundo e terceiro; a contarlle o conto “A galiña azul” do escritor homenaxeado.
Cada día e ó longo da semana, na hora de ler, imos contar os contos que Carlos Casares lle escribiu a Ana, para que non se esqueza que é galega. Nós, hoxe, iniciamos a lectura deste libro, presentando a Ana e contando o conto do peixe no xardín.
6ºA conta a 2º
4º A conta a 3 anos A e B
Mañá , que conto nos tocará??