Skip to Content

Xogos

sesións

ÓSCAR RECIBE UN TROFEO NO TORNEO DE FÚTBOL DE GONDOMAR

O noso compañeiro Óscar Caramés, recibiu no pasado mes de abril o trofeo ao máximo goleador no torneo de fútbol de Gondomar. Eiquí o vemos co dito trofeo.

 

 

 

O EQUIPO FEMININO DO RC CELTA DE VIGO DE BASQUET NO COLE

O equipo feminino do R.C. Celta de Vigo de basquet visitounos o pasado 26 de marzo. Déronnos unha charla, xogaron connosco e disfrutamos moito da súa presenza.

Viñeron:

- Cristina Cantero (adestradora do Celta cadete e do AMFIV VIGO baloncesto co cadeiras de rodas).

- Gema García. Gaditana.

- Maja Miljkovic. Serbia.

- Alba Torrens. Mallorquina, olímpica nos xogos de Peking 2008 e recente seleccionada do draft para a NBA feminina.

- Dragana Svitlica. Bosnia.

- Milica Beljanski. Serbia.

Máis fotos nas galerías.

2º Ciclo co celta feminino

basquet

 

LOITA OLÍMPICA. Aprendendo sobre esta modalidade

O pasado 24 de novembro, tivemos unha demostración-obradoiro para o 2º e 3º ciclo de primaria de loita olímpica. A actividade durou uns 30 minutos por grupo. Para ir coñecendo este completísimo deporte que traballa a axilidade, a velocidade, a resistencia, a flexibilidade, a estratexia, a forza... déixovos uns enlaces

 

- Conceptos básicos. Na enciclopedia wiki podes ter unha primeira impresión da loita olímpica.

- Máis reglamentación. Seguimos cos conceptos básicos, aquí con fotos e gráficos.

- Con gráficos e demáis. O diario o mundo fai unha análise do deporte da loita.

 

Temos xa as fotos do acontecemento...todas as fotos nas galerías.

 

Loitando

 

Distribuir contido


by Dr. Radut