Skip to Content

Animación á lectura 07/08

Encontro con Marcos Calveiro

O día 23 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria tivemos un agradable encontro co escritor Marcos Calveiro, conciudadano noso.

Marcos veunos contar cousas sobre o seu libro "O carteiro de Bagdad", co que ten acadado recentemente o Premio Ala Delta.

O escritor chegou acompañado dunha montaxe coa que nos explicou o xeito en que foi xurdindo esta obra, que ten como telón de fondo a Guerra de Iraq e que se inspira en distintas novas publicadas en diferentes diarios do noso país.

Moi amablemente, Marcos rematou respostando ás preguntas que os nenos e nenas lle fomos facendo.

 Marcos Calveiro explicando a xénese da súa obra   Marcos firmando exemplares do seu libro   Alumnos e alumnas consultando o dossier periodístico de Marcos 

E... nun barco de vela, chegou...

Sabela!

O día 29 de abril, os nenos e nenas de 1º estivemos con Sabela, que veu ó noso cole a nos contar contos.

Contacontos en plena acción

Sabela, como Tomé, ten no peto unha morea de polvos máxicos: os polvos máxicos da imaxinación.

Nenos e nenas escoitando á contacontos   Escoitando á contacontos    Escoitando á contacontos

Sabela fíxonos pasar un rato moi divertido, convertíndonos nun auténtico galiñeiro. Incluso, algúns de nós transformámonos nos improvisados actores dun dos seus contos.

Aquí tendes ás galiñas máis guapas do galiñeiro (que discutían entre elas quen era a máis fermosa) e ó rei, que debía decidir cal era a gañadora deste singular concurso de beleza.

Unha nena move as plumas coma unha galiña

 

 Tres nenas cacarexando como galiñas   
Un neno facendo de rei, baixo as ordes da contacontos

 

Unha nena fai o papel dunha galiña pondo un ovo 

 As galiñas piden perdón ó rei 

 A contacontos con cara de sorpresa

Logo, por arte de birlibirloque, Sabela trasladounos á selva, onde nos atopamos cunha mosca chinchosa, cun camaleón, cun armadillo, cun loro, cun mono e cun tigre.

A contacontos axúdase dun mural para contar o conto

Como o conto nos gustou, rematamos rascando o narís. E como nos gustou moito, agasallamos a Sabela cun forte aprauso.

Sandra e Lois veñen contarnos contos

O día 9 de abril, os nenos e nenas de 3 e 4 anos recibimos a visita de Lois e Sandra, que estiveron a contarnos contos durante un bo anaco de tempo.

Sandra e Lois, os contacontos

Viñeron acompañados de fantásticos instrumentos cos que nos fixeron bailar:

Os instrumentos de Lois   Movemos os brazos ó son dos instrumentos de Lois

E de libros marabillosos que nos deixaron abraiados:

 Sandra e Lois contando un conto  Os nenos e nenas de 3 a 4 anos, atentos ó conto de Sandra 

Grazas polos vosos contos! Voltade axiña!

"Los zorros del Norte".

 

Os nenos e nenas de 4º estamos a ler un libro que se titula: "Los zorros de Norte". O día 31 de xaneiro tivemos a sorte de coñecer en persona ó seu escritor: Ricardo Gómez. Falóunos da sua obra, por certo, moi interesante, tamén dos seus proxectos.

 

O escritor Ricardo Gómez firmando o libro de visitas da nosa biblioteca              grupo de nenos/as de cuarto posando co escritor ricardo gómez na biblioteca    

Houbo autógrafos, fotos, apretóns de máns, sinatura no noso libro de visitas... e despedímonos cun ata sempre.

Se queres ver fotos destes momentos visita a nosa galería

 

Animación á lectura en Infantil

 

 O día 21 de Xaneiro, os nenos e nenas de 4 e 5 anos participaron nunha actividade de Animación á Lectura a cargo dunha contacontos. Os rapaces e rapazas pasaron un rato moi lúdico e enriquecedor. 

 

Exposición de libros

 

Contacontos en plena acción

Distribuir contido


by Dr. Radut