O día 23 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria tivemos un agradable encontro co escritor Marcos Calveiro, conciudadano noso.
Marcos veunos contar cousas sobre o seu libro "O carteiro de Bagdad", co que ten acadado recentemente o Premio Ala Delta.
O escritor chegou acompañado dunha montaxe coa que nos explicou o xeito en que foi xurdindo esta obra, que ten como telón de fondo a Guerra de Iraq e que se inspira en distintas novas publicadas en diferentes diarios do noso país.
Moi amablemente, Marcos rematou respostando ás preguntas que os nenos e nenas lle fomos facendo.