3ºESO
Durante esta semana terán lugar no centro diversas actividades para concienciar á comunidade educativa e en especial aos xóvenes contra a violencia machista. Entre esas actividades estarán a proxección de diversas curtametraxes, conferencias, un recital poético ou a gravación de videoclips.
Este curso desenvolvemos no Centro dous Plan Proxecta: Quérote+, para alumnado de 3º ESO e Apuntámonos a non beber para alumnado de 1º ESO.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23611
O vindeiro venres dia 3 de novembro celebraremos o tradicional magosto do centro, onde participará profesorado e alumnado de ESO e ciclos de formación básica e medio.
LUGAR: patio de entrada.
HORA: 13:35
O IES Xulián Magariños foi un dos seleccionados e participará con outros 35 centros de varias autonomías de España nun completo programa educativo para formar a xuventude na importancia do aforro enerxético , realizando entre outras actividades unha auditoría enerxética do seu centro educativo.
O vindeiro martes 14 de novembro o alumnado de 3º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade acompañado por profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais.
O alumnado de 3º de ESO viaxa á Ría de Vigo para visitar o Museo do Mar, o castro e o Museo Massó.
Achégase o calendario de inicio de curso.
Pulse na imaxe para ver en formato grande e descargar o documento orixinal en formato PDF.