1ºESO
Con motivo da semana adicada á Constitucuión e a o Estatuto de Autonomía de Galicia, o alumnado de 1º ESO traballou na materia de educación plástica sobre o cartelismo electoral. No hall do centro podedes contemplar a visión do alumnado dos carteis electorais a favor do SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Castelao, Luis Seoane, Isaac Diaz Pardo ou Camilo Díaz Baliño firmaban as obras. Exposición das reproduccións feitas polo alumnado de 1º ESO. Foi un traballo conxunto dos departamentos de Galego, Plástica, Tecnoloxía e Historia.
Co gallo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o alumnado infórmase sobre a orixe do alfabeto Braille e xa o está usando para escribir mensaxes motivadoras.
O departamento de Tecnoloxía por outra banda nos mostra como as impresoras 3D do centro tamén son unha ferramenta ideal para elaborar material adaptado a persoas con discapacidade visual. Os principios do deseño universal ou inclusivo son algo que hai que ter en conta dende o principio cando se deseña un producto.
Este xoves e venres o departamento de Orientación organiza unha serie de obradoiros para ESO e ciclo de FPB co obxecto de axudar a previr conductas adictivas.
Hoxe un grupo de alumnos procederon á lectura pública dos Dereitos da Infancia. Aprobados na ONU o 20 de Novembro de 1959, hai case 60 anos, seguen estando plenamente vixentes e xustificados. Aínda hoxe están lonxe de ser respectados en moitos países, incluído o mal chamado primeiro mundo. Os alumnos reflexionaron sobre eles e fixeron pequenas modificacións para adaptalos á realidade do século XXI. Bo traballo!
O xoves o alumnado de 3º e 4º ESO foi a Coruña a disfrutar da obra de teatro " Don Juan Tenorio" e visitar varios museos DOMUS, MUNCYT) acompañados dos profesores Ana Barrientos, Natalia Freire, Susana Madrea e Pedro Núñez. Ata tiveron tempo de achegarse a torre de Hércules. Unha excursión moi completa.
E o venres, o alumnado de 1º e 2º de ESO poido asistir a unha sesión interactiva sobre cultura americana organizada polo departamento de inglés.
Hoxe a última hora celebramos o tradicional Magosto, amenizado magníficamente polo grupo de música tradicional "O Son do Pote" de Lousame a quenes agradecemos a súa disposición a colaborar con nós. Ademáis de castañas e música, houbo xogos tradicionais organizados dende o departamento de Ed. Física e baile para os que se animaron.
Hoxe no auditorio de Negreira o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e FPB puido disfrutar dunha divertidísima representación teatral a cargo do grupo de teatro Cabareteiros, da escola de teatro municipal de Negreira. "Selfie a go go", dirixida por Sandra Lesta, unha intelixente parodia sobre a evolución do xeito de comunicarnos en familia e entre amigos. Grazas por colaborar con nós de xeito desinteresado e moito éxito coas vosas montaxes teatrais.