Orientación
Durante esta semana terán lugar no centro diversas actividades para concienciar á comunidade educativa e en especial aos xóvenes contra a violencia machista. Entre esas actividades estarán a proxección de diversas curtametraxes, conferencias, un recital poético ou a gravación de videoclips.
Este curso desenvolvemos no Centro dous Plan Proxecta: Quérote+, para alumnado de 3º ESO e Apuntámonos a non beber para alumnado de 1º ESO.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23611
Queremos despedir a dous queridísimos compañeiros de docencia no IES Xulián Magariños, o profesor de Filosofía e varios anos xefe de estudos Cipriano Núñez e a orientadora Begoña Cortés que se traslada a Navarra, a quenes extrañaremos moitísimo. Moita sorte nas vosas novas ocupacións.
Hoxe o alumnado de 1º de ESO e 3º de ESO participou nunha divertida xincana polas rúas de Negreira. Unha actividade lúdica e colaborativa que consistiu en resolver varias procuras e probas divididos en grupos nos que estaban alumnos titores e os seus titorandos, acompañados dun docente.
Hoxe tivemos a visita do alumnado de 6º de primaria acompañado polos seus profesores. Este alumnado incorporarase en setembro ao centro. Foron recibidos polo director D. Adelino Pose, a vicedirectora Dna. Clara Rodríguez, o xefe de estudos D.Cipriano Núñez, a orientadora Dna. Begoña Cortés e a profesora de Lingua Galega, Dna. María Blanco. O alumnado de 2º ESO B explicoulles como funciona o servizo de mediación e o programa titoría entre iguais. A continuación visitaron as instalacións do IES. BENVIDOS!!.
Mañá venres 2 e o sábado 3 de xuño alumnado do Servizo de Mediación, Ángel Plata Pérez, Iker Alvite Almozara, Valeria Torreira González, Nuria Barbazán Raña e Jonathan Torreira Piñeiro, acompañados por Kety Lois Salgado, Coordinadora de Mediación, Begoña Cortés Ferro, Orientadora, Cipriano Núñez Rodríguez, Xefe de Estudos e Adelino José Pose Reino, Director, asistirán no IES Carlos Casares de Viana do Bolo ao V Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva, onde participan profesorado e alumnado de 16 centros públicos de Galicia.
O programa ofrece interesantes propostas, como Juan de Vicente (gañador do Certame D+I ao docente máis innovador de España), Carme Loureiro (a maga das emocións), Victor Martin e Sergio González (UNESCO e CCEE Reyes Católicos de Bogotá, que nos achegarán á realidade do proceso de paz en Colombia), Roi Guitián e María Lobo (expertos en observar e expresar a realidade a través das novas tecnoloxías), Aixa Permuy (a emoción ao servizo da igualdade)... e moito máis.
O vindeiro martes día 9 de maio o alumnado de 1º ESO C asistirá a unha actividade sobre resolución pacífica de conflitos organizada polo Depto. de Orientación e Subvencionada pola Asamblea de Cooperación pola Paz.
Dentro do programa de titoría entre iguais organízanse actividades conxuntas entre alumnado de 1º e 3º de ESO para facilitar o intercambio de ideas e o coñecemento mutuo. Estes días tocan unhas divertidas yincanas.
O vindeiro xoves día 9 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de BAC acudirá a Santiago de Compostela a visitar as facultades universitarias. Sairán a segunda hora e regresarán a última, habendo clase a primeira hora.