Bioloxía e Xeoloxía
O alumnado de 4º ESO e de 2º BAC A terá a oportunidade de participar nunha xornada de observación astronómica o próximo martes 19 de decembro, acompañados poe especialistas na materia. Clica na imaxe para agrandar.
O vindeiro martes 14 de novembro o alumnado de 3º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade acompañado por profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais.
O vindeiro martes 7 de novembro o alumnado de 1º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade. Organiza o departamento de CCNN
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
• Dª. Alba García Mato
• Dª. Soraya Lorenzo Touceda
• Dª. Alicia Fernández Casas
• Dª. Nerea Leis Piñeiro
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por
• Dª. Alba Espasandín Vázquez, 4º ESO B
• Dª María Mosquera Mouro, 4º ESO A
Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes.
A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa.
AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese.
Interesantísima exposición de maquetas de plastilina sobre a célúla eucariota feita polo alumnado de 1º de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía coordinado pola profesora Luisa Nieto. Lugar: Final do corredor edificio novo.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presenta no instituto unha interesante serie de paneis sobre os perigos que para a biodiversidade supoñen as especies invasoras. Podedes velos no primeiro andar do edificio principal.