Becas e axudas
Información relevante para aquel alumnado que vaia cursar bacharelato ou ciclos formativos de grao medio ou superior.
As becas de estudios do Ministerio de Educación inclúen un apartado específico de RESIDENCIA. Nesta circular aclárase quen ten dereito a solicitar esa contía.
Acaba de saír publicada a Orde de 6 de maio de 2021 que regula a participación nesta convocatoria.
INSTRUCIÓNS XERAIS (RESUMO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN)
Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros de texto a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e axuda para material escolar por valor de 50€, e 4 libros de texto para rentas inferiores a 10000€ per cápita.
Lembramos que un requisito imprescindible para poder recibir estas axudas e os libros en réstamo é a devolución en bo estado dos libros que foran prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento de devolución.
AVISO PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO: O IES Xulián Magariños foi admitido no proxecto EDIXGAL polo que segundo o artigo 1.2 da convocatoria está excluído da participación no Fondo Solidario de libros pero sí pode solicitar a axuda para material escolar se reúne os requisitos.
PRAZO : O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.
COMO CUBRIR OS DATOS NA SOLICITUDE: Ver PDF adxunto
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Recomendamos encarecidamente empregar a aplicación informática FONDO LIBROS https://www.edu.xunta.es/fondolibros para xerar e cubrir os datos da solicitude. Para facelo terán que identificarse na aplicación pulsando o botón verde da esquina superior dereita.
No caso de que non poidan presentalas pola sede electrónica, as datas para a presentación de solicitudes no centro serán escalonadas por protocolo COVID segundo o seguinte calendario e en horario de 9:30 a 14:00 horas.
- Alumnado que vai cursar 2º ESO : do 31 de maio ao 4 de xuño
- Alumnado que vai cursar 3º ESO : do 7 ao 11 de xuño
- Alumnado que vai cursar 4º ESO: do 14 ao 18 de xuño
Unha vez completado o impreso de participación na aplicación informática a solicitude numerada pódese presentar :
- por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal (necesítase certificado dixital e adxuntar escaneada a documentación requerida )
- Presencialmente no centro educativo. Imprima a solicitude xerada na aplicación que terá que ser asinada por todos os membros da unidade familiar. Deberá traer ademáis a seguinte documentación: SEMPRE fotocopia do ou dos libros de familia /// Se está separado/a divorciado/a fotocopia da sentenza de separación/divorcio e convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a /// Certificado de defunción se é o caso /// Cando non teña libro de familia ou este non reflicta a situación actual, deberá traer un volante de convivencia da unidade familiar que se solicita no concello.
Se por calquera motivo non pode cubrir a solicitude en Internet , na conserxería do instituto existen copias en papel que poden pasar a recoller.
Se che gustan as matemáticas, tes talento para elas e naciches nos anos 2007, 2008 ou 2009 podes apuntarte ao PROGRAMA ESTALMAT (Estimulación do Talento Matemático) da Universidade de Santiago de Compostela.
Tes de prazo entre o 6 de maio e o 1 de xuño. O proceso de selección consta de 2 fases:
-Unha proba de aptitude consistente na resolución dunha serie de problemas (EXEMPLO DE PROBA DE SELECCIÓN)
- Unha entrevista persoal para avaliar o interese e o compromiso de participación.
Os seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2021-22 e 2022-23, 20 sesións cada curso, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso)
A Consellería de Educación publica os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/2021.
Lembren que o alumnado que tivo dereito a recibir cheque de material escolar xa está incluído por defecto na lista de adxudicatarios. ünicamente as familias que non fixeron a solicitude de fondo libros no seu momento cumplindo as condicións económicas terían que solicitalo presencialmente no centro.
Poden consultarse as listaxes de axudas concedidas e non concedidas nas listaxes expostas no taboleiro de anuncios na entrada do centro.
Atentos/as aos prazos para solicitar as becas de estudio de este ano !!!
- Becas para alumnado de Bacharelato, FP e outros estudos : ATA 1 de OUTUBRO. Ver toda a información.
- Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: ATA 30 de SERTEMBRO. Ver a información.
Xa está dispoñible a listaxe definitiva coa adxudicación dos libros de texto do fondo solidario. Para coñecer os libros adxudicados a cada alumno podedes consultar na web (na aplicación Fondo Libros, aqueles que teñades certificado dixital) ou no taboleiro de anuncios na entrada do instituto. No caso de ter que acudir ao centro por favor sede moi escrupulosos no cumplimento das medidas de seguridade: distancia, desinfección e mascarillas.
Só pode estar unha persoa consultando as listaxes, o resto debe esperar fora.
Non podemos facilitar información telefónica dos libros adxudicados.
Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto. Para consultalas recomendamos facelo telemáticamente usando a aplicación Fondolibros. De non poder acceder, poden pasar polo centro a consultalas en conserxería.
O prazo de presentación de reclamacións fronte a esta listaxe provisional remata o día 15 de xullo.
Acaba de sair publicada a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto. Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e 4 libros se as rentas son inferiores a 10000€ per cápita
O prazo de solicitude remata o 19 de xuño.
Lembramos que requisito imprescindible para poder recoller os libros prestados é a devolución en bo estado dos libros prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento para que o alumnado poida devolver os libros que disfrutaron este ano.
Ligazón á información na web da Consellería
IMPORTANTE : Na Orde publicada no DOG hai un erro na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral CORRECTO é o 435, pero na orde aparece publicado o 432
LIBROS DE TEXTO: Listaxe provisional de solicitudes admitidas. Non hai ningunha solicitude excluída.
VALES DE MATERIAL ESCOLAR: Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas
Os vales para adquisición de material escolar poderán ser recollidos polas persoas solicitantes na secretaría do centro a partir do día 23 de xullo.
O prazo de reclamacións será de 2 días a partir da publicación destas listaxes provisionais.
O alumnado que levase libros do fondo para preparar os exames de materias pendentes de setembro deberá devolvelos entre o 2 e 4 de setembro.
O alumnado que solicitou o fondo de libros e xa teña algún libro do vindeiro curso deberá indicalo na administración do centro antes do día 10 de setembro de 2019 para intentar que os libros asignados do fondo sexan distintos dos que xa se teñen. (non o podemos garantir).