Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
29
all day
Xa recibimos o limiar de Fina Casalderrey (mestra, escritora, membro da Real Academia Galega, ) para o libro XENTE E TERRA DE BARCALA. LETRAS DA MOCIDADE. Púxolle como título: "Unha verdade literaria para darlle un verde aos ollos". Moito lle agradecemos a súa xenerosidade. Esta pequena xoia como adro vai prestixiar os contidos desta obra colectiva, suma de textos e imaxes xuvenís, ideada no IES XULIÁN MAGARIÑOS de Negreira. Esperemos que nos cadren ben as datas e podamos contar con Fina para a presentación pública do noso libro, agora en proceso de revisión e edición. | 30
| 31
all day
O ciclo medio de comercio realizou unha intervención na tenda Lunares e Pecas de negreira coa instalación dun fotocall de temática infantil, deseñado e montado durante o módulo de dinamización do espazo de venda. all day
Unha boa oportunidade para adoptar hábitos saudables e variar a merenda de media mañá! Durante toda a semana teremos a posibilidade de probar diferentes froitas e lembrar a importancia deses alimentos na dieta. Hoxe: Plátano | 1
| 2
all day
Mañá venres 2 e o sábado 3 de xuño alumnado do Servizo de Mediación, Ángel Plata Pérez, Iker Alvite Almozara, Valeria Torreira González, Nuria Barbazán Raña e Jonathan Torreira Piñeiro, acompañados por Kety Lois Salgado, Coordinadora de Mediación, Begoña Cortés Ferro, Orientadora, Cipriano Núñez Rodríguez, Xefe de Estudos e Adelino José Pose Reino, Director, asistirán no IES Carlos Casares de Viana do Bolo ao V Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva, onde participan profesorado e alumnado de 16 centros públicos de Galicia. O programa ofrece interesantes propostas, como Juan de Vicente (gañador do Certame D+I ao docente máis innovador de España), Carme Loureiro (a maga das emocións), Victor Martin e Sergio González (UNESCO e CCEE Reyes Católicos de Bogotá, que nos achegarán á realidade do proceso de paz en Colombia), Roi Guitián e María Lobo (expertos en observar e expresar a realidade a través das novas tecnoloxías), Aixa Permuy (a emoción ao servizo da igualdade)... e moito máis. | 3
| 4
|