Agradecemento a Fina Casalderrey
Xa recibimos o limiar de Fina Casalderrey (mestra, escritora, membro da Real Academia Galega, ) para o libro XENTE E TERRA DE BARCALA. LETRAS DA MOCIDADE. Púxolle como título: "Unha verdade literaria para darlle un verde aos ollos". Moito lle agradecemos a súa xenerosidade. Esta pequena xoia como adro vai prestixiar os contidos desta obra colectiva, suma de textos e imaxes xuvenís, ideada no IES XULIÁN MAGARIÑOS de Negreira. Esperemos que nos cadren ben as datas e podamos contar con Fina para a presentación pública do noso libro, agora en proceso de revisión e edición.