Eventos
Dom | ||
---|---|---|
O Consello da Cultura Galega conmemora o centenario das Sociedades Galegas de Instrucción cunha interesante exposición que podedes contemplar estes días no noso centro. Con ela preténdese difundir e honrar o compromiso da emigración galega na mellora das condicións de vida e a educación da súa terra. O comisario da exposición, D. Vicente Peña Saavedra dará unha conferencia sobre o tema o vindeiro martes día 8 de novembro, da que tedes información nesta mesma web.
Lembrámosvos neste novo curso escolar, que ademais do teléfono contra o acoso escolar posto en marcha polo Ministerio de Educacion, Cultura e Deporte 900 018 018 o IES Xulián Magariños pon a disposición da súa comunidade educativa outra canle para facilitar a loita contra este tipo de violencia. Trátase dunha dirección de correo electrónico na que calquera persoa que teña coñecemento de un caso de acoso escolar ou ciberacoso poderá informar do mesmo de forma que a dirección do centro e os reponsables de convivencia do mesmo podan actuar o antes posible, garantíndose en todo momento a confidencialidade dos datos recabados. O correo electrónico é: |