Eventos
Sáb | ||
---|---|---|
O Consello da Cultura Galega conmemora o centenario das Sociedades Galegas de Instrucción cunha interesante exposición que podedes contemplar estes días no noso centro. Con ela preténdese difundir e honrar o compromiso da emigración galega na mellora das condicións de vida e a educación da súa terra. O comisario da exposición, D. Vicente Peña Saavedra dará unha conferencia sobre o tema o vindeiro martes día 8 de novembro, da que tedes información nesta mesma web.
Dentro dos múltiples proxectos e programas desenvolvidos no Centro, pónse en marcha por terceiro curso consecutivo, o programa "Titorías entre Iguais", onde alumnado de 3º ESO titoriza e serve de apoio a alumnado de 1º ESO. Este alumnado titor ten o apoio do Departamento de Orientación e realizará ao longo do curso actividades conxuntas coas súas titorizados. Unha ferramenta que se suma ao Servizo de Mediación e ás Asambleas de Aula, todas cun objectivo común: tentar lograr un centro cunha convivencia positiva. |