Skip to Content

Economía

A Global Money Week no IES Xoán Montes

Obradoiros, avaliacións con kahoots, comentarios, debates, premios para o alumnado máis involucrado... E próxima participación en concursos de educación financieira.

A educación é poder!

Imaxes das actividades esta semana en todos os cursos, Economía e Emprendemento e Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º da ESO, Economía de 1º de bacharelato e Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de 2º de bacharelato.

 

Global Money Week do 18 ao 24 de marzo

A Global Money Week é unha campaña anual mundial de concienciación sobre a importancia de que os xoves adquiran unhas nocións financeiras desde pequenos e de que vaian desenvolvendo os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para tomar unhas decisións financeiras sólidas. Está organizada pola Rede Internacional de Educación Financeira da OCDE (OCDE/INFE), na que participa o Plan de Educación Financeira – Finanzas para todos (Banco de España, CNMV, y Ministerio de Economía, Comercio y Empresa).

Este ano celébrase baixo o lema Protexe o teu diñeiro, asegura o teu futuro (en inglés Protect your money, secure your future).

Esta semana, para participar nesta iniciativa, desenvolvimos o xoves 21 de marzo un obradoiro co mesmo lema co alumnado de Economía e emprendemento de 4º da ESO. En Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de 2º de bacharelato, en Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º da ESO e en Economía de 1º de bacharelato o venres 22 de marzo estivemos tamén avaliando e afondando na educación financeira.

E ti... protexes o teu diñeiro?

 

Venres de Educación cívico tributaria

Onte venres 1 de marzo, tivemos a oportunidade de desfrutar de varias charlas impartidas por técnicos da Axencia tributaria.

O alumnado de Formación e orientación persoal e profesional e de Economía e emprendemento de 4º da ESO, e de Economía de 1º de bacharelato, puido coñecer a importancia do pago de impostos para a obtención de bens e servicios públicos, así como dos principais tipos de impostos. 

Para afondar pódese entrar na páxina de Educación cívica tributaria da Axencia tributaria e, lendo as bases, participar no concurso nacional para centros escolares. Participa!

 

 

Científicos o pitonisos? Como a Economía axuda a predecir o futuro.

Hoxe 29 de febreiro, tivemos a oportunidade de desfrutar dunha das charlas do programa A Ponte, da USC, que ademais de dar a coñecer os estudos de Grado ofrece información sobre o contexto investigador, social, cultural e espacial desa universidade.

Acompañounos Roberto Bande Ramudo, decano da facultade de ADE en Lugo, quen expuxo ao  alumnado de Economía e emprendemento de 4º da ESO e de Economía de 1º de bacharelato, o traballo dos economistas, e como grazas á utilización de modelos, que son simplificacións da realidade, podemos facer predicións.

Grazas Roberto, por compartir connosco os teus coñecementos e experiencia.

 

Participación na actividade "Fly the Future"

O alumnado de 2º da ESO puido hoxe, 27 de febreiro. desfrutar dunha actividade moi completa nas instalacións do Centro de Investigación aerotransportada de Rozas (CIAR) e do International Research center on advanced autonomous systems (IRCAAS).

O principal obxectivo do programa Fly The Future é espertar no estudantado da ESO a vocación polas carreiras universitarias STEM para potenciar a súa empregabilidade no futuro, en centros de investigación e empresas como as que atoparán no Polo Aeroespacial de Galicia como Avincis, quen está a desenvolver un programa de I+D en colaboración coa compañía Telespazio centrado en dar resposta a importantes retos a través de tecnoloxías de sistemas non tripulados. 

Recibiron unha charla STEM e visitaron a torre de control e o hangar na primeira parte da actividade, na segunda parte (IRCAAS, Avincis), ademais de analizar por que voa un avión, observaron as características do prototipo UA5 LUMES, visitaron o vehículo móvil de comando e control das aeronaves, a sala de simulador de voo e experimentaron cada un/ha un voo dun dron en entorno terrestre e mariño a través dunhas gafas 3D.

Voaron e aterraron satisfactoriamente!

  Actividade "Fly the Future" en Rozas

Charla STEM para o alumnado de 4º da ESO

Hoxe 22 de febreiro, puidemos desfrutar dunha iniciativa do programa Prensa-escuela que é A voz da Muller STEMconsistente en charlas de mulleres do ámbito científico-tecnolóxico (clickando no enlace podedes escoitar un resumo da charla) ao alumnado. Faise en colaboración coa empresa Viaqua e o obxectivo é animar ás rapazas a decantarse polos estudios técnicos á vez que serve de referente para todos os estudantes no campo STEM.

Acompañounos nesta ocasión unha matemática lucense con ampla experiencia docente e de xestión na USC así como en varias asociacións, como por exemplo a de La ciencia es femenino, a investigadora Mª Victoria Otero Espinar. Falounos da súa traxectoria laboral así como do traballo tan interesante que desenvolve e que ten tantas repercusións na contorna, desde predicións dos efectos dun tsunami ata da probablilidade de desaparición das distintas ilnguas, entre outras moitas utilidades. Sabedes que é a ecuación da coleta? Pois diso tamén nos falou.

E se abrides o enlace da asociación, poderedes ver un calendario con moitas mulleres de gran relevancia no ámbito STEM.

 

 

Visita didáctica a Pull&Bear

Hoxe 6 de febreiro o alumnado de Economía de 1º de bacharelato puido desfrutar dunha mañá diferente, pois  realizamos unha visita ás instalacións de Pull&Bear en Narón.

Tanto na loxística coma en todo o proceso de deseño, patronaxe, comercial, de sustentabilidade ... hai unha estudada estratexia, cun modelo de negocio onde o centro é o cliente, baseado na innovación e flexibilidade. A súa forma de entender a moda -creatividade, deseño de calidade e resposta áxil ás demandas do mercado- conseguiron e seguen a conseguir o seu grande éxito e expansión internacional. 

Levámonos unha gran experiencia ademais dos agasallos da imaxe.

 

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Charla de Aresa dentro do programa Empresa familiar nas aulas

Hoxe 15 de xaneiro puidemos desfrutar da exposición de Carlota López, vicedirectora da empresa Aresa.

Explicounos a importancia da empresa familiar en Galicia e os valores deste tipo de empresas así como da súa actividade, das compañías que compoñen o grupo Aresa, dos datos económicos, da súa estructura organizativa e do comezo e a traxectoria da empresa.

Tamén falounos dos valores da empresa e dos retos aos que se enfrontan.

O alumnado que asistiu foi de 4º da ESO das materias  Economía e emprendemento e Formación e orientación persoal e profesional así como de 1º de bacharelato da materia  Economía e de 2º de bacharelato da materia Empresa e deseño de modelos de negocio. Puideron relacionar moitos dos conceptios que vemos na aula e preguntar dúbidas así que resultou unha actividade complementaria moi enriquecedora. 

Agradecemos que este curso puidésemos participar neste programa de tanto interese.

 Charla no salón do actos do multiusos da Xunta. Fotografía de Mª Beatriz López Soto

Visita aos Xulgados de Lugo. Programa Educar en Xustiza

Hoxe 20 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato visitou os xulgados de Lugo nunha actividade complementaria organizada dende o Departamento de Economía e Xeografía e Historia.

Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial. Traballouse previamente na clase un material didáctico remitido do programa para familiarizarnos co vocabulario específico, organización do poder xudicial en España e para coñecer mellor o seu funcionamento.

No xulgado nº2 do penal, o alumnado tivo ocasión de presenciar algúns xuízos ao longo da mañá, e acordos de conformidade que evitaron a celebración do xuízo, así como recibir a explicación da xuíza e do fiscal, que comentaron diversos aspectos de interese axudando a entender con máis claridade todos os procesos e as posibles consecuencias das distintas actuacións, tanto multas como penas.

Noraboa pola participación e décimo posto na fase inicial de clasificación do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

Hoxe 18 de outubro, ás 12 horas, estaba convocada a clase de 2º da ESO C, para a fase inicial de clasificación da III edición do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

O concurso se enmarca dentro das actividades do III Encontro CIBER.gal organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridad CIBER.gal xunto co espazo abalar da Xunta de Galicia e Telefónica. 

Consistía en contestar 10 preguntas en Kahoot en liña, á vez que outras moitas aulas de centros de toda Galicia, no apartado de 1º e 2º da ESO. Obtíñanse máis puntos por contestar ben e en menos tempo.

O alumnado de Proxecto Competencial esmerouse na actividade, aínda que non tivemos moito tempo para a preparación, cada pregunta foi analizada, contestada e celebrada ou lamentada (estas as menos) con gran intensidade. 

As respostas, que eran a preguntas relacionadas co tema da ciberseguridade, despois do tempo fixado eran explicadas para aclarar cal era a correcta, así que resultou un concurso didáctico, e todo o proceso en si enriquecedor.

Para profundizar no tema de ciberseguridade entrar en https://www.incibe.es/

Recollemos unhas fotos como mostra do entusiasmo do alumnado.

 

Fotos de Mª Beatriz López Soto CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut