Pois hoxe 23 de maio alá fomos a informarnos todo o alumnado de 4º de ESO coas súas titoras e a orientadora.
O obxectivo deste evento, organizado polo Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e coorganizado pola Xunta de Galicia, é proporcionar información, asesoramento e orientación para facilitar unha elección axeitada a todas aquelas persoas que se enfrontan á toma de decisións relativa ao seu futuro educativo e profesional.
A variada oferta dispoñible en FP e en ensinanzas de réxime especial da contorna está representada polos centros integrados de FP CIFP As Mercedes (Lugo) , CIFP Politécnico de Lugo e CIFP Porta da auga (Ribadeo); polos institutos IES Monte Castelo (Burela), IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei), IES de Foz (Foz), IES Sanxillao (Lugo), IES Lucus Augusti (Lugo), IES San Rosendo (Mondoñedo). ), IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e IES Río Cabe (Monforte de Lemos); polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o Conservatorio Superior de Música Xoán Montes (Lugo), a Escola Oficial de Idiomas de Lugo e a Escola de Artes e Deseño Ramón Falcón.
Tamén había información de outras opcións como a Garda Civil, a Armada ou distintas Universidades.
Variada información para o gran abano de posibilidades que ten o alumnado.
Imaxes de Beatriz López CC BY-SA