Hoxe 6 de febreiro o alumnado de Economía de 1º de bacharelato puido desfrutar dunha mañá diferente, pois realizamos unha visita ás instalacións de Pull&Bear en Narón.
Tanto na loxística coma en todo o proceso de deseño, patronaxe, comercial, de sustentabilidade ... hai unha estudada estratexia, cun modelo de negocio onde o centro é o cliente, baseado na innovación e flexibilidade. A súa forma de entender a moda -creatividade, deseño de calidade e resposta áxil ás demandas do mercado- conseguiron e seguen a conseguir o seu grande éxito e expansión internacional.
Levámonos unha gran experiencia ademais dos agasallos da imaxe.
Foto de Beatriz López CC BY-SA
Foto de Beatriz López CC BY-SA