Skip to Content

Taboleiro

Feliz Día Internacional da Muller Emprendedora

Hoxe é un día especial, si, todos os días o son, o curso pasado empapámonos gracias a Enredadas no cambio dunha onda de inspiración, e agradecemos poder ser testemuñas dese novo libro tan fermoso e feito con tanto agarimo, referímonos á presentación de De nenas a lendas. 15 historias de emprendemento feminino.


O alumnado de 3º da ESO, e gran parte de 4º, de 1º de bacharelato e incluso de 2º da ESO asistiron a actividade e reflexionaron sobre todo o que nos contan esas lendas, que parten dunhas condicións en moitos casos moi desfavorables e atopan as forzas para alcanzar as súas metas, impactando positivamenta na súa contorna. Loitan por un mundo mellor cunha enorme paixón... e se nos deixamos contaxiar?

Reflexións do alumnado Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Presentación do libro "De nenas a lendas. 15 historias de emprendemento feminino"

Hoxe 13 de novembro, na biblioteca do noso centro, acollimos a presentación en Lugo dun dos froitos do proxecto Enredadas en el cambio, desenvolvido pola ONG Taller de Solidaridad. 

O curso pasado xa tivemos a oportunidade de desfrutar da exposición fotográfica Enredadas en el cambio, así como de dinamización e charlas dalgunhas das protagonistas. É unha actividade que cala e transmite moito. Nesta ocasión tivemos a sorte de que Lucía Huisa nos lese a súa aportación no libro mediante unha carta que escribiu á nena que un día foi, e fíxoo en quechua, a súa lingua, vestindo orgullosa o seu traxe tradicional.

Acompañounos tamén unha das técnicas da ONG, quen traducíu a carta e mostrounos outro dos impresionantes proxectos de desenvolvemento que realizan, a ruta turística del Ausangate, ademais de voluntarios e colaboradores, contamos con Ana Silva, responsable de Economía Social e Consumo Responsable  de Taller de Solidaridad, e coa concelleira da Muller, Igualdade e inclusión de Lugo, Ángeles Novo.

O libro poderá descargarse gratuítamente na páxina da ONG a partir do 14 de novembro, pero nós, xa o temos na biblioteca para prestar, e como todo o proxecto, no noso corazón.

Grazas Ana por colaborar sempre connosco e a todos os que fan posible este entrañable proxecto.

 Presentación do libro De niñas a leyendas Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

7 de outubro: Día da Educación Financeira

Hoxe celebramos o día da Educación financeira no IES Xoán Montes, coa colaboración de persoal do Banco Santander, mediante un obradoiro que nos axuda a previr os fraudes. Toda a semana traballaremos a educación financeira nos distintos grupos de Economía e Cultura Financeira, materia dirixida a 3º da ESO que estreamos este curso no Instituto. O lema deste ano é Finanzas dixitais: Aprende, Innova, Avanza 

Necesitamos estar actualizados... sabes que é o catfishing. a estafa de recovery room, o pharming... e o máis importante, como non ser estafados?

Hai moitos recuros de interese para aprender, non so hoxe:

Finanzas para todos

Portal do cliente bancario do Banco de España

Edufinet

Finanzas para mortales

Educación financiera crítica Con cómics e dicionario financeiro

26 de setembro: Día do Multilingüismo

Hoxe no IES Xoán Montes tamén celebramos a diversidade. Moito do noso alumnado provén de outros países ou comunidades, enriquecéndonos tanto cultural como lingüisticamente. Mostra diso foi a participación da rapazada nesta proposta na que se mesturan saúdos, palabras ou expresións típicas de todas as procedencias. Grazas por compartir!

Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Reunión ANPA

O vindeiro luns, 30 de setembro ás 20 h terá lugar na Biblioteca do IES unha reunión da ANPA.

Toda a información no cartaz adxunto.

Entrega de libros

A entrega de libros de Fondolibros terá lugar os días 4, 5 e 6 de Setembro na aula 9.

Libros de texto curso 2024-25

Aquí está a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024-2025.

Entrevista na radio ao alumnado premiado

O xoves 20 de xuño, Radio Lugo entrevistou al grupo de alumnos premiado recentemente no concurso "Emprender es soñar ¿te apuntas?" no programa Hoy por Hoy Lugo, conducido por Sara Meijide. Todo o alumnado da materia Economía e Empresa fixo de público.

Grupo de Economía e Emprendemento de 4º ESO Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Que se dá en Economía e Emprendemento de 4º da ESO?

Pode que moito do alumnado de 3º da ESO se pregunte de que vai a materia Economía e Emprendemento de 4º.

O libro que utilizamos aparece na imaxe, pero tamén podedes ver un resumo do que se dá na materia pinchando aquí.

ECONOMÍA Y EMPRENDIMIENTO 4ºESO 23-24

Que se dá en Cultura Financeira?

Como sabedes, en 3º da ESO pode escollerse Cultura Financeira. Pode ser moi interesante esta materia. Déixovos un cartel de Economistas sen fronteiras para que teñades unha idea, ademais dun enlace cun pouco máis de contido.

Podedes abondar máis cunha presentación específica pinchando aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut