Skip to Content

Animación á lectura

Encontro na biblioteca con Emma Pedreira

O pasado luns 17 de abril tivemos un encontro na Biblioteca

Emma Pedreira, filóloga, poeta e escritora, trouxo  “A maleta azul dos libros raros”. Dela saíron libros redondos, panos, barallas, casas, miniaturas… que nos abríron os ollos á posibilidade de contar historias nun sin fin de formatos. Ás veces, non son necesarias as palabras, só a capacidade de ler. Os obxectos poden relatarnos as lembranzas da familia, formas de vida (pensemos nese libro-casa tan marabilloso!) doutras culturas e tempos, épocas de represión, de liberdade, cartas-poesía, de amor… En definitiva, a demostración de que calquera peza, non só os libros, poden conlevar un relato, en moitas ocasións subxectivo. E todo isto metido dentro dunha maleta!

Moitas grazas, Emma.

 

Emma Pedreira

 

Alumnado con Emma Pedreira na biblioteca. Meri García.

PORTANONA: O BLOG DA BIBLIOTECA

PORTANONA, O  BLOG DA BIBLIOTECA DO I.E.S. XOÁN MONTES

AS ESTANTIGAS, O NOSO BLOG DO CLUB DE LECTURA

Premendo aquí teredes acceso ao noso blog do Club de Lectura As Estantigas.

Lecturas para o verán

A Biblioteca publica o seu boletín número 7, que coincide co final de curso, no que propón lecturas para o verán entre os últimos libros recibidos.

Boletín número 6: Tempo de poesía

Dentro da progración da biblioteca para este segundo trimestre de curso, publicamos o sexto número do noso boletín. Neste número informamos dalgunhas das últimas adquisicións de poesía.

Non está o que buscas no boletín? Non quere dicir que non estea na biblioteca. Visítanos! E se aínda non o atopas, sempre podes propor que se merquen os títulos que botas en falta.

 

 

Publicamos o número 5 do boletín

Neste número que precede ás vacacións, a biblioteca recomenda a lectura de cinco libros dos últimos recibidos. Tanto a temática como o xénero dos libros son variados: textos de ficción, de ensaio ou divulgación que abranguen desde o deporte ás lendas do mundo clásico pasando pola química, a creatividade emprendedora ou as matemáticas. Agardamos que disfrutedes da súa lectura.

 

 

Número extra do boletín da biblioteca con motivo do Día do libro

Con motivo do día do libro, a biblioteca publica un número extra do seu boletín, con unha interesante entrevista a Johannes Gutenberg e algunhas curiosidades sobre o libro. A entrevista que publicamos está traducida e adaptada da páxina Artes del libro.

Número 3 do boletín de información da biblioteca

Con motivo da inauguración dun punto de lectura no corredor da entrada do instituto, publícase o número 3 do boletín da biblioteca. Non ten outra finalidade que a de informar da súa creación e das posibilidades que ofrece á comunidade educativa. Libros, comics, revistas e xornais saen da biblioteca ao encontro dos lectores.

Actividade de animación á lectura: Romeo & Juliet

09/04/2010 00:00
09/04/2010 00:50
Etc/GMT+1
romeo & juliet O departamento de inglés, en colaboración con Vicens Vives, organiza esta actividade de animación á lectura para o alumnado de 4º de ESO. A actividade centrarase na obra Romeo and Juliet de William Shakespeare. A actividade terá lugar na AULA 20.
 

 

Número 2 do boletín da biblioteca

Esta segunda entrega do boletín de información bibliográfica da biblioteca presenta catro libros para lectores que non aman as matemáticas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut