Skip to Content

Inglés

Departamento de inglés

stonehenge

Danny Sullivan, Stonehenge From Inside 5, CC BY 2.0

 

Teachers:

Ana Cadórniga Varela

Concepción López Montejano

Inés Iglesias Rois

Elena Montes López

Manuel Veiga Díaz

 

 
 
 
 

 

Exposición Dereitos Humanos

Presentamos a exposición realizada polo alumnado de 3ºA centrada na temática dos Dereitos Humanos. Esta iniciativa destaca o talento e a creatividade dos estudantes que exploraron e representaron diversos aspectos dos DDHH a través das súas obras de arte. 

A exposición inclúe debuxos, esculturas, puzzles, instalacións artísticas e o vídeo "En prol da humanidade" que ofrece unha visión máis profunda e persoal do traballo feito polo alumnado nesta temática. 

Noraboa polo magnífico traballo!

teatro

Around Shakespeare

Shakespeare's sonnet 1 with comments. mveiga CC BY-SA

O alumnado de 3º A e parte do alumnado de 1º de bacharelato C comentaron o soneto 1 de Shakespeare para celebraren o día do libro.

Sustainable Development Goals

O alumnado de 1º de bacharelato C que cursa as materias de Historia do Mundo Contemporáneo e inglés elaborou algúns carteis que resumen os obxectivos para o desenvolvemento sostible. Podedes velos premendo nas seguintes imaxes:

Sustainable Development Goals Poster

Obxectivos de desenvolvemento sustantable

Dereitos humanos na aula

3º de ESO A está a desenvolver un proxecto sobre os dereitos humanos no entorno que vivimos. De momento realizamos a primeira fase: o coñecemento da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Os equipos sintetizaron todos os artigos da declaración nun cartel, que se expón na aula.

UDHR Posters

LUGO THEN AND NOW

Alumnado de inglés 4º ESO fixo unha saída dentro de seu proxecto Lugo then and now para descubrir os cambios que transformaron a cidade nos últimos 50 anos. Completaron o traballo con entrevistas aos maiores da familia que aportaron a memoria persoal ao seu estudio e observación da cidade actual.
Moi satisfeitos cos resultados da visita que eles mesmos guiaron polo casco histórico da cidade.
 
saída inglés
Fotografía de Silvia Carballido

The true cost. Un proxecto dixital, interdisciplinar, curricular e universal.

Este ano no Proxecto de Formación Permanente de Profesorado (PFPP), o profesorado tivo como reto a "Elaboración de materiais didácticos dixitais, interdisciplinares, curriculares e universais". Aínda que era un obxectivo ambicioso para abordar en 20 horas de formación, conseguimos moitos avances grazas ao traballo en equipo. Ao longo deste último trimestre levaronse a cabo distintas propostas didácticas en 2º, 3º, 4º da ESO e 1ºBAC nas materias de Matemáticas, TIC, Tecnoloxía, Inglés, Filosofía, Proxecto Competencial e Xeografía e Historia. A temática de traballo escollida foi a pegada ecolóxica e o cambio climático.

Velaquí dúas mostra dalgún deses traballos que realizou o alumnado. Por un lado, unha campaña de concienciación ecolóxica en relación co documental The True Cost elaborado por 3ºESO na materia de inglés. Por outro, un estudo estatístico comparado de pluviosidade entre tres localizacións, realizado polo alumnado de 4º ESO nas materias de matemáticas e TIC. Preme sobre as imaxes para velos.

The true cost

 Captura de pantalla do documental The True Cost

 

estudio matemáticas

Estudio estatístico sobre pluviosidade 4º ESO.

I Concuro de ideas: HUMANISING OUR SCHOOL

Hoxe entregamos os premios do I Concurso de ideas en inglés "Humanising our school". 

O alumnado de 2° ESO realizou un proxecto fin de curso coa mente e o corazón postos en valorar a contorna e mellorala.

Impórtanos o medio ambiente! Estamos orgullosos do noso patrimonio e poñemos o foco no benestar das persoas!

 

Grazas ao xurado do concurso e ao alumnado que se entregou a traballar en equipo!


parede 1

parede 2

parede 3

I concurso de ideas Humanising our school. Inés Iglesias. CC BY-SA

Explicación en inglés dos graffiti próximos ao instituto. 2ºESO

Ao longo do mes de maio o alumnado de 2ºESO realizou unha actividade na materia de Inglés para mellorar a expresión oral. Despois de debatir na clase sobre as diferenzas entre arte urbana, graffiti e vandalismo, realizaron un traballo de investigación sobre distintos graffiti próximos ao instituto. Aproveitando o bo tempo, por parellas, fixeron unha explicación en inglés ao resto do grupo. 

Velaquí un albúm como documento gráfico desta fermosa actividade.

World Book and Copyright Day

Durante a semana pasada celebramos a semana do libro. O alumnado do instituto traballou esta conmemoración en diversas materias e a biblioteca do centro organizou diferentes actividades. Unha das actividades realizadas polo alumnado de 3º de ESO tivo lugar na clase de inglés. Obtiveron información na páxina oficial da UNESCO para o acontecemento e visualizaron vídeos sobre a celebración traballando tanto a importancia da lectura como as distintas licenzas de publicación. Despois, expresaron gráficamente, por grupos, como vían a celebración, expoñendo os traballos nun dos taboleiros do centro.

3rd years book day posters by M. Veiga. CC BY-SA
M. Veiga. 3rd years book day posters. CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut