Skip to Content

Lingua Galega

Departamento de Lingua Galega e Literatura

                                                                      

Departamento de Lingua Galega e Literatura

 

 

 Profesorado

María Consuelo Burgo Fernández

Marco Antonio Piñeiro

Ana Rico Gómez

MªTeresa Núñez Núñez (xefa de departamento)

 

 

 

 

 

 

 PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023/24

PROGRAMACIÓN 1º ESO

PROGRAMACIÓN 2º ESO

PROGRAMACIÓN 3º ESO

PROGRAMACIÓN 4º ESO

PROGRAMACIÓN 1º BAC

PROGRAMACIÓN 2º BAC

Noraboa a Lucía Domínguez polo premio do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

A alumna Lucía Domínguez de 1ºBAC, vén de recibir un premio do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado polo Concello de Lugo. A entrega de premios tivo lugar este xoves 22 de febreiro no Vello Cárcere da nosa cidade. 

Podes ler a entrevista de Lucía aquí.

Noraboa por este recoñecemento!

Lucía recollendo o premio

 

Lucía recollendo o premio. Fotografía do Concello de Lugo.

Enredando co galego

O alumnado de 3º de ESO participou na iniciativa "Enredando co galego" promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Concello de Lugo. O pasado venres 19 de maio celebrouse no Auditorio Gustavo Freire o festival para a entrega de premios e agasallos.

Resultaron premiados Juan Aguado Bellón e Lúa Muíño Rega de 3º ESO C; e Iria Alonso Abuín, Hugo Barreiro Vázquez e Nicolás López Lamela de 3º ESO A. Ademais, o alumnado asistente recibiu un agasallo tecnolóxico e sorteáronse entre eles lotes de libros e tamén unha tablet. No acto deron un concerto Fillas de Casandra, actuación moi do gusto da cativada; que desfrutou así dunha xornada moi leda e agradable.

enredando co galego

Enredando co galego. Manuel Veiga. CC BY-SA

Excursión a Lalín: "A casa do patrón"

O departamento de Lingua Galega organizou a excursión á Casa do patrón en Lalín, un museo etnográfico onde se conservan útiles e ferramentas tradicionais que se usaban na taberna, tear, escola, etc. Ademais, de visitar o museo, o alumnado tivo ocasión de desgranar mazarocas de millo e facer boliños de pan.

Posteriormente, visitaron o Museo do Xoguete no Pazo de Liñares, onde puideron coñecer xoguetes antigos. Foi unha xornada moi divertida e de descubrimento para todo o grupo!

Casa do Patrón en Lalín. María Souto

Finalistas no concurso do manifesto do correlingua

correlingua

Este ano participaron do noso instituto varios grupos de alumn@s no concurso. Os de 2º de Bacharelato A conseguiron quedar de finalistas: o premio consiste nunha excursión didáctica de dous días dentro do Proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos de Galiza, onde colaboran entre outras entidades a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Parabéns aos nosos alumn@s, que disfrutedes do viaxe!

O Manifesto premiado é "Manifesto máis aquí!", que reproducimos:

Nós os galegos nun momento da nosa historia deixamos de ser nós; dende que lle arrebataron o trono a Xoana a Beltranexa, dun día para outro vímonos avasalados por Castela, impuxéronos un idioma que non era o noso, roubándonos a nosa cultura. Estivemos silenciados ata que nos socorreron uns heroes encabezados pola nosa querida Rosalía de Castro baixo o lema "denantes mortos que escravos", entón puxémonos en pé e comezamos coa nosa loita para recuperar a nosa propia identidade e a día de hoxe nós, coma galegofalantes e ferventes defensores do noso idioma manifestámonos para evitar unha nova etapa de silencio. Dános mágoa a xente que non é capaz de entender o que é sentir morriña pola nosa propia terra.

Recursos

O departamento de lingua galega e literatura recoméndavos a páxina de recursos Na punta da lingua para realizar exercicios, resolver dúbidas de gramática, analizar textos de selectividade...

Lecturas recomendadas para o verán

o señor dos aneisALCALÁ, XAVIER: A nosa cinza. Ed. Galaxia.
BLANCO AMOR, EDUARDO: A esmorga. Ed. Galaxia.
CASTELAO, DANIEL: Os dous de sempre. Ed. Galaxia. || Retrincos. Ed. Galaxia.
CUNQUEIRO, ÁLVARO: Os outros feirantes. Ed. Galaxia.
DEFOE, DANIEL: Robinson Crusoe. Ed. Xerais.
DE TORO, SUSO: A sombra cazadora. Ed. Xerais. || F.M. Ed. Positivas.
DIESTE, RAFAEL. Dos arquivos do trasno. Ed. Galaxia.
DURRELL GERALD: Pic-nic. Ed. Alfaguara.
FOLE, ÁNXEL: Á Lus do candil. Ed. Galaxia.
REIGOSA, CARLOS: Fuxidos de sona. Ed. Xerais.
GOLDING, WILLIAM: Señor das moscas. Ed. Sotelo Blanco.
LÓPEZ RODRÍGUEZ, XAVIER: Días de desterro. Ed. Xerais.

libros de lectura obrigatoria

aquí tedes os libros de lectura obrigatoria do curso 2008/09 para o primeiro ciclo da ESO

Concurso fotográfico: Saudade B



Relaciono esta imaxe coa saudade pola mirada perdida do home, na que se percibe nostalxia, melancolía… En definitiva, o que ou definiría como saudade.

Concurso fotográfico: Saudade B
Distribuir contido


by Dr. Radut