Hoxe 12 de xuño, como os mércores anteriores, tivemos a xornada de orientación para 4º da ESO no salón de actos do Uxío Novoneyra.
Carlos López Vila, estudante de mediciña, contounos a súa experiencia no instituto e como afrontou as distintas decisións que tivo que tomar, investigando e reflexionando, tamén deunos consellos que a el lle serviron para ir percorrendo o seu camiño.
A súa conversa, chea de anécdotas e frases de autores, transmitiunos a súa afección á lectura, que segue a cultivar porque defende que organizándose dá tempo a facer moitas actividades e a valorar e saber aproveitar o tempo.
Destacou a importancia de mostrar interés, pois a xente está desexosa de axudar, defende que hai que aprender a facer amigos e de axudar tamén. E grazas a toda esa ansia e gañas de mellorar as cousas está de delegado do seu curso na USC, traballando en equipo para que se podan facer as prácticas do seu grado de maneira máis eficiente ou tratando de que o programa de estudos se modernice.
Moitas grazas Carlos por mostrarnos o teu tesón. que ben seguro te levará a conseguir todos os teus obxectivos, sen deixar de lado a importancia da familia, dos amigos e da responsabilidade que todos temos de deixar o mundo mellor do que o atopamos. E grazas a Cristina por traernos non so ao teu fillo, senón a persoas con mensaxes tan entusiastas.
Imaxes de Beatriz López CC BY-SA