Skip to Content

A UNED nas Xornadas de Orientación do IES Xoán Montes

Hoxe 8 de maio, o alumnado de 4º da ESO acudíu xunto as súas titoras e a orientadora ao salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra para participar noutra xornada de orientación académica e profesional, organizada por Orientación do noso instituto.

Nesta ocasión puidemos coñecer da man da directora da UNED, Ana Belén Traseira, e da orientadora do mesmo, Carmen Gallego tanto a historia, ubicación, programas, proxectos, estudos, admisión... deste centro. Ademais tivemos ocasión de escoitar a dous alumnos do centro e estudantes en prácticas extracurriculares, VIctoria Filgueiras, de Educación Social, e Iván Fernández, de Ciencias  Ambientais, que compartiron connosco a súa experiencia, transmitíndonos a importancia de ter un obxectivo e loitar polo mesmo, que dos erros se aprende e que nunca é tarde para formarse.

Invitamos a visitar a páxina web e coñecer de primeira man todo o que nos ofrece este centro da UNED.

Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

 



story | by Dr. Radut