Hoxe, 24 de abril, nas Xornadas de Orientación que para 4º de ESO se organizan desde Orientación no noso centro, puidemos coñecer ofertas de formación e experiencias de exalumnos de moito interese.
Mamen Fernández Romero e Óscar Alfeirán Varela do Departamento de Marketing do Centro Superior de Hostelería de Galicia, e este último tamén profesor de TICs, ademais da Alejandra Villanueva Muñoz, exalumna do citado centro e actualmente Directora do Eurostars Gran Hotel de Lugo, achegáronnos información non so dous grados que se imparten, Dirección hotelera e Gastronomía, senón do tipo de formación, con moita parte práctica e posibilidades de traballar tanto en España como en outros moitos países. É un sector con moitas saídas profesionais.
Recordamos que aos grados pode accederse mediante o bacharelato, pero tamén vía ciclo medio e ciclo superior de FP. Na páxina web pode facerse unha visita virtual ou solicitar unha visita ás instalacións para coñecer o funcionamento do CSHG así como toda a súa oferta de formación máis detalladamente.
Imaxes de Beatriz López