Skip to Content

Xornada de Orientación académica e profesional no IES Xoán Montes

Hoxe 29 de maio, foi o mércores que puidemos retomar as Xornadas de Orientación tras a excursión de fin de etapa de 4º da ESO. Este alumnado, xunto as súas titoras e a orientadora do centro achegámonos ao salón de actos do Uxío Novoneyra.

Carmen Peñalver, exalumna do centro, falounos da súa traxectoria e da súa situación actual. No instituto non destacaba moito en física, matemáticas ou química, pero empeñouse en sacar adiante, de maneira autodidáctica cando así o requería, o bacharelato e a selectividade, e resulta que por causas do destino, ao non entrar na súa primeira opción de estudos, está acabando o grado de Inxeñería Química Industrial con gran satisfacción.

Contounos como se estruturaba este grado, que consiste en resolver problemas cotiás e mellorar a vida da xent,e e que ten moitas posibilidades á hora de incorporarse ao mercado laboral.

Encantounos escoitar toda as súas experiencias e as súas conclusións, que poden axudar ao alumnado, que pasa por momentos como os que pasou ela. 

Transmitiunos que as derrotas son ventás que nos abren oportunidades e que con esforzo se consigue todo. Mostrounos ansia e ganas, que é o seu lema: Ganas, ganas e ganas!

Moitísimas grazas Carmen! 

 

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA



story | by Dr. Radut