Skip to Content

Taboleiro

Visita aos Xulgados de Lugo. Programa Educar en Xustiza

Hoxe 20 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato visitou os xulgados de Lugo nunha actividade complementaria organizada dende o Departamento de Economía e Xeografía e Historia.

Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial. Traballouse previamente na clase un material didáctico remitido do programa para familiarizarnos co vocabulario específico, organización do poder xudicial en España e para coñecer mellor o seu funcionamento.

No xulgado nº2 do penal, o alumnado tivo ocasión de presenciar algúns xuízos ao longo da mañá, e acordos de conformidade que evitaron a celebración do xuízo, así como recibir a explicación da xuíza e do fiscal, que comentaron diversos aspectos de interese axudando a entender con máis claridade todos os procesos e as posibles consecuencias das distintas actuacións, tanto multas como penas.

Programa YAM

YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que se aprende e debate sobre saúde mental.

Ver or aquivos adxuntos para máis información.

Noraboa pola participación e décimo posto na fase inicial de clasificación do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

Hoxe 18 de outubro, ás 12 horas, estaba convocada a clase de 2º da ESO C, para a fase inicial de clasificación da III edición do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

O concurso se enmarca dentro das actividades do III Encontro CIBER.gal organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridad CIBER.gal xunto co espazo abalar da Xunta de Galicia e Telefónica. 

Consistía en contestar 10 preguntas en Kahoot en liña, á vez que outras moitas aulas de centros de toda Galicia, no apartado de 1º e 2º da ESO. Obtíñanse máis puntos por contestar ben e en menos tempo.

O alumnado de Proxecto Competencial esmerouse na actividade, aínda que non tivemos moito tempo para a preparación, cada pregunta foi analizada, contestada e celebrada ou lamentada (estas as menos) con gran intensidade. 

As respostas, que eran a preguntas relacionadas co tema da ciberseguridade, despois do tempo fixado eran explicadas para aclarar cal era a correcta, así que resultou un concurso didáctico, e todo o proceso en si enriquecedor.

Para profundizar no tema de ciberseguridade entrar en https://www.incibe.es/

Recollemos unhas fotos como mostra do entusiasmo do alumnado.

 

Fotos de Mª Beatriz López Soto CC BY-SA

Obradoiros de educación financeira

Esta semana conmemoramos o día da Educación financeira con distintos obradoiros nas materias do departamento de Economía tratando, entre outros temas, das finanzas inclusivas, pero tamén doutros aspectos como da seguridade financeira, a importancia do aforro, o presuposto, consumo intelixente e sustentable, IMV, productos bancarios, tipos de tarxetas bancarias....

Algunhas imaxes dos obradoiros:

 

 

 

Hoxe 2 de outubro conmemórase o día da Educación Financeira

 

O lema deste ano é Finanzas inclusivas, finanzas para todos. 

A semana do 2 ao 6 de outubro realizaranse nas distintas clases de Economía e Formación e orientación persoal e profesional un obradoiro sobre educación financeira onde se tratarán distintos temas como a seguridade financeira, a importancia do aforro, o consumo intelixente e sostible, os tipos de tarxetas bancarias, banca dixital...

Hai moitos recursos, non so para este día, de interese:

Finanzas para todos

Portal do cliente bancario do Banco de España

Edufinet

Noraboa aos semifinalistas do concurso-simulador Young Business Talents 22/23

Como cada curso, todo o alumnado de Economía participa no concurso.simulador YBT. É unha actividade que require constancia e na cal se adopta o papel de empresari@, tendo que tomar todas as decisións para levar unha empresa nunha situación de incertidume, o máis parecido a unha situación real.

Non sempre se chega á semifinal pero aquí tedes un nutrido grupo representativo das distintas clases, que levan o seu diploma acreditativo, tamén o obtén a profesora e o Instituto se chega ás semifinais un gran número de grupos do centro, como foi o caso.

Bo traballo!

A Axencia Tributaria co alumnado de Economía

Aínda que algo tarde, queremos recordar algunha das actividades que se organizaron no departamento de Economía e que resultaron moi enriquecedoras. Os días 21 e 22 de marzo, varias técnicas de facenda compartiron connosco parte dos seus coñecementos sobre os tributos, o que nos permitiu coñecer mellor a realidade como cidadáns que somos.

A actividade foi en tódolos cursos nos que se da Economía ou Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial,  4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato. 

Algunhas fotos da actividade:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut