Hoxe 20 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato visitou os xulgados de Lugo nunha actividade complementaria organizada dende o Departamento de Economía e Xeografía e Historia.
Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial. Traballouse previamente na clase un material didáctico remitido do programa para familiarizarnos co vocabulario específico, organización do poder xudicial en España e para coñecer mellor o seu funcionamento.
No xulgado nº2 do penal, o alumnado tivo ocasión de presenciar algúns xuízos ao longo da mañá, e acordos de conformidade que evitaron a celebración do xuízo, así como recibir a explicación da xuíza e do fiscal, que comentaron diversos aspectos de interese axudando a entender con máis claridade todos os procesos e as posibles consecuencias das distintas actuacións, tanto multas como penas.
Fotografías de Marta Coria e Beatriz López