Skip to Content

Taboleiro

Que se dá en Cultura Financeira?

Como sabedes, en 3º da ESO pode escollerse Cultura Financeira. Pode ser moi interesante esta materia. Déixovos un cartel de Economistas sen fronteiras para que teñades unha idea, ademais dun enlace cun pouco máis de contido.

Podedes abondar máis cunha presentación específica pinchando aquí

Noraboa aos semifinalistas de Young Business Talents

Con tantos e variados eventos que houbo este curso, case esquezo felicitar e publicar as fotos do gran número de alumnado que conseguíu o diploma como semifinalistas na edición deste curso do YBT.

Incluso faltou pouco para que un equipo chegase á final.

Nunca é tarde para celebrar o bo! Noraboa! 

Alumnado de Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º de ESO Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Xornada de Orientación académica e profesional no IES Xoán Montes con sorpresa

Hoxe 12 de xuño, como os mércores anteriores, tivemos a xornada de orientación para 4º da ESO no salón de actos do Uxío Novoneyra.

Carlos López Vila, estudante de mediciña, contounos a súa experiencia no instituto e como afrontou as distintas decisións que tivo que tomar, investigando e reflexionando, tamén deunos consellos que a el lle serviron para ir percorrendo o seu camiño.

A súa conversa, chea de anécdotas e frases de autores, transmitiunos a súa afección á lectura, que segue a cultivar porque defende que organizándose dá tempo a facer moitas actividades e a valorar e saber aproveitar o tempo. 

Destacou a importancia de mostrar interés, pois a xente está desexosa de axudar, defende que hai que aprender a facer amigos e de axudar tamén. E grazas a toda esa ansia e gañas de mellorar as cousas está de delegado do seu curso na USC, traballando en equipo para que se podan facer as prácticas do seu grado de maneira máis eficiente ou tratando de que o programa de estudos se modernice.

Moitas grazas Carlos por mostrarnos o teu tesón. que ben seguro te levará a conseguir todos os teus obxectivos, sen deixar de lado a importancia da familia, dos amigos e da responsabilidade que todos temos de deixar o mundo mellor do que o atopamos. E grazas a Cristina por traernos non so ao teu fillo, senón a persoas con mensaxes tan entusiastas.

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Exames convocatoria extraordinaria 1º BAC

No arquivo adxunto tedes o calendario das probas extraordinarias que terán lugar o vindeiro 19, 20, 21 de xuño.

Noraboa ao grupo de 4º ESO C e ao equipo gañador do concurso «Emprender es soñar, ¿te apuntas?»

Hoxe 4 de xuño o grupo de Economía e Emprendemento, 4º ESO C, encamiñouse a Santiago para recoller o premio do concurso "Emprender es soñar ¿Te apuntas?", organizado pola Asociación Gallega de Empreesas familiares e ABanca, na categoría de ESO. O equipo formado por Batoul All Suleiman, Roque López, Salvia López, María Lorenzo y Viviana Torres fixo unha proposta de modelo de negocio baseado na economía circular, o aproveitamento das mondas de laranxa para elaborar cosméticos en envases reciclados.

O acto foi emocionante, de 29 equipos de toda Galicia había 3 finalistas na categoría da ESO e eles fixéronse co primeiro premio, en realidade os 5 equipos que compoñen a clase de 4º ESO C esmeráronse en preparar os seus proxectos e en presentalos nun cuidado vídeo, dedicando tempo e moita aprendizaxe. Foi unha mágoa non poder estar alí, grazas a Rafael e a María por suplirme e ler as miñas palabras de enorgullecemento como profesora vosa.

Noraboa e gran traballo a todos! 

Nota de prensa que sairá mañá con moitas fotos, Máis fotos

Os premiados

Exposición sobre os dereitos humanos (3º A)

Despois do traballo realizado durante o presente curso para estudar os dereitos humanos e ver como se poden cumprir no noso día a día, o alumnado de 3º de ESO A, fixo pequenas obras de arte para exemplificalo.

 

 Exposición sobre dereitos humanos de 3º de ESO A 24-25. CC BY-SA Veiga

O IES Xoán Montes na 1º Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo

Pois hoxe 23 de maio alá fomos a informarnos todo o alumnado de 4º de ESO coas súas titoras e a orientadora.

O obxectivo deste evento, organizado polo Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e coorganizado pola Xunta de Galicia, é proporcionar información, asesoramento e orientación para facilitar unha elección axeitada a todas aquelas persoas que se enfrontan á toma de decisións relativa ao seu futuro educativo e profesional.

A variada oferta dispoñible en FP e en ensinanzas de réxime especial da contorna está representada polos centros integrados de FP CIFP As Mercedes (Lugo) , CIFP Politécnico de Lugo e CIFP Porta da auga (Ribadeo); polos institutos IES Monte Castelo (Burela), IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei), IES de Foz (Foz), IES Sanxillao (Lugo), IES Lucus Augusti (Lugo), IES San Rosendo (Mondoñedo). ), IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e IES Río Cabe (Monforte de Lemos); polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o Conservatorio Superior de Música Xoán Montes (Lugo), a Escola Oficial de Idiomas de Lugo e a Escola de Artes e Deseño Ramón Falcón.

Tamén había información de outras opcións como a Garda Civil, a Armada ou distintas Universidades. 

Variada información para o gran abano de posibilidades que ten o alumnado. 

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Exames convocatoria extraordinaria 2º BAC e pendentes de 1º BAC

Calendario de exames para 2º BAC, convocatoria extraordinaria.

Fondo libros curso 2024-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO ESCOLAR 2024/25

 

Prazo: Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.

 

Toda a información nos arquivos adxuntos.

O día de Europa no IES Xoán Montes

Moitas foron as actividades que se levaron a cabo ao longo da mañá por parte do alumnado, profesorado e conserxes do noso centro.

Algunhas imaxes:

Traballo do alumnado de 2º ESO na materia de Historia e Xeografía. Fotos de Beatriz López

Distribuir contido


by Dr. Radut