Skip to Content

Noraboa pola participación e décimo posto na fase inicial de clasificación do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

Hoxe 18 de outubro, ás 12 horas, estaba convocada a clase de 2º da ESO C, para a fase inicial de clasificación da III edición do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

O concurso se enmarca dentro das actividades do III Encontro CIBER.gal organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridad CIBER.gal xunto co espazo abalar da Xunta de Galicia e Telefónica. 

Consistía en contestar 10 preguntas en Kahoot en liña, á vez que outras moitas aulas de centros de toda Galicia, no apartado de 1º e 2º da ESO. Obtíñanse máis puntos por contestar ben e en menos tempo.

O alumnado de Proxecto Competencial esmerouse na actividade, aínda que non tivemos moito tempo para a preparación, cada pregunta foi analizada, contestada e celebrada ou lamentada (estas as menos) con gran intensidade. 

As respostas, que eran a preguntas relacionadas co tema da ciberseguridade, despois do tempo fixado eran explicadas para aclarar cal era a correcta, así que resultou un concurso didáctico, e todo o proceso en si enriquecedor.

Para profundizar no tema de ciberseguridade entrar en https://www.incibe.es/

Recollemos unhas fotos como mostra do entusiasmo do alumnado.

 

Fotos de Mª Beatriz López Soto CC BY-SA

 

 

 

Fotos de Mª Beatriz López Soto CC BY-SA



story | by Dr. Radut