Hoxe 13 de novembro, na biblioteca do noso centro, acollimos a presentación en Lugo dun dos froitos do proxecto Enredadas en el cambio, desenvolvido pola ONG Taller de Solidaridad.
O curso pasado xa tivemos a oportunidade de desfrutar da exposición fotográfica Enredadas en el cambio, así como de dinamización e charlas dalgunhas das protagonistas. É unha actividade que cala e transmite moito. Nesta ocasión tivemos a sorte de que Lucía Huisa nos lese a súa aportación no libro mediante unha carta que escribiu á nena que un día foi, e fíxoo en quechua, a súa lingua, vestindo orgullosa o seu traxe tradicional.
Acompañounos tamén unha das técnicas da ONG, quen traducíu a carta e mostrounos outro dos impresionantes proxectos de desenvolvemento que realizan, a ruta turística del Ausangate, ademais de voluntarios e colaboradores, contamos con Ana Silva, responsable de Economía Social e Consumo Responsable de Taller de Solidaridad, e coa concelleira da Muller, Igualdade e inclusión de Lugo, Ángeles Novo.
O libro poderá descargarse gratuítamente na páxina da ONG a partir do 14 de novembro, pero nós, xa o temos na biblioteca para prestar, e como todo o proxecto, no noso corazón.
Grazas Ana por colaborar sempre connosco e a todos os que fan posible este entrañable proxecto.
Presentación do libro De niñas a leyendas Imaxes de Beatriz López CC BY-SA