Hoxe celebramos o día da Educación financeira no IES Xoán Montes, coa colaboración de persoal do Banco Santander, mediante un obradoiro que nos axuda a previr os fraudes. Toda a semana traballaremos a educación financeira nos distintos grupos de Economía e Cultura Financeira, materia dirixida a 3º da ESO que estreamos este curso no Instituto. O lema deste ano é Finanzas dixitais: Aprende, Innova, Avanza
Necesitamos estar actualizados... sabes que é o catfishing. a estafa de recovery room, o pharming... e o máis importante, como non ser estafados?
Hai moitos recuros de interese para aprender, non so hoxe:
Portal do cliente bancario do Banco de España
Educación financiera crítica Con cómics e dicionario financeiro
Algún dos obradoiros. Foto de Mª Beatriz López Soto CC BY-SA