Os martes 16 e 22 de abril, dentro da liña de actuación Desenvolvemento de habilidades empresariais do plan Eduemprende da Consellería de Educación, no que participamos, o alumnado de 1º de bacharelato da materia de Economía puido desfrutar dunhas motivadoras charla.
En concreto as charla eran da opción 3 do programa Finanzas para mortais, dirixida a Bacharelato.
Mª Jesús López Rodríguez, directora adxunta da oficina de empresas na oficina central do Banco Santander en Lugo, falounos eses dous días de moitos temas que teñen relación coa materia e ademais desde a súa perspectiva e experiencia en banca.
En concreto tratamos:
A economía dun país: Análise da economía dun país, principais indicadores económicos (PIB, desemprego, débeda, inflación).
Fonte de ingresos dun país: Principais ingresos públicos, débeda pública, cotizacións sociais, transferencias recibidas, impostos.
Gasto dun país: Orzamentos xerais do Estado, quen gasta nun país, principais partidas de gasto.
As pensións: O Sistema da Seguridade Social, os cambios demográficos (taxa de natalidade, esperanza de vida, pirámide de poboación), evolución das pensións, que outras opcións existen, comparación de sistemas.
Incluso comentounos tamén aspectos relacionados coas finanzas persoais.
Imaxe de Beatriz López