Skip to Content

Interesante obradoiro de creación na materia Economía e emprendemento de 4º da ESO

Hoxe 2 de abril puidemos desfrutar dunha actividade distinta, moi participativa e enriquecedora.

A participación no programa Empresa familiar nas aulas abriu a posibilidade de participar tamén no concurso Emprender é soñar Apúntaste?, que se centra no emprendemento dentro do marco da economía circular.

A iniciativa consistiu nun obradoiro de 3 horas de duración onde o alumnado en grupos identificou necesidades ou oportunidades, creou un concepto de empresa, conceptualizou productos ou servizos, deseñou e prototipou as súas ideas, culminando nunha presentación do seu proxecto.

Este obradoiro combinou pensamento crítico, creatividade, uso de intelixencia artificial e xenerativa e metodoloxía de deseño para guiar aos estudantes no desenvolvemento dos seus proxectos, todo organizado pola empresa Vermislab, as tres monitoras que guiaron o obradoiro, con gran experiencia nestas actividades, propiciaron a participación e o bo ambiente.

O noso agradecemento ao profesorado que prestou as súas clases para poder realizar este extenso obradoiro. Grazas pola colaboración!

Neste mes de abril os grupos deberán perfeccionar a presentación e mandala para participar no concurso, pero levan xa moito percorrido. 

 Obradoiro de creación no IES Xoán Montes Fotos de Beatriz López CC BY-SA

 

 

 

 



story | by Dr. Radut