Estamos de noraboa, un dos equipos que participan no Young Business Talents, formado por alumnado de economía de 1º de bacharelato. quedou de finalista. Pilar e Inmaculada... gran traballo!
Había so unha praza para a provincia de Lugo, e tras realizar as actividades semana tras semana desde outubro, conseguiron levar a maior puntuación de todos os equipos participantes. De feito, moitos dos equipos do noso centro, de economía de 4º da ESO e de 1º de bacharelato, e economía da empresa de 2º de bacharelato, tamén conseguiron boas puntuacións e quedaron de semifinalistas. Noraboa a todo o alumnado que aprendeu como é de complicado poñer en marcha unha empresa que fabrica e vende automóbiles, enfrontándose a un entorno variante e aos seus competidores... sen sucumbir no intento.
A final é en Madrid o 29 de abril, onde os 100 mellores equipos de toda España competirán para facerse cos premios.