O alumnado de 2º da ESO puido hoxe, 27 de febreiro. desfrutar dunha actividade moi completa nas instalacións do Centro de Investigación aerotransportada de Rozas (CIAR) e do International Research center on advanced autonomous systems (IRCAAS).
O principal obxectivo do programa Fly The Future é espertar no estudantado da ESO a vocación polas carreiras universitarias STEM para potenciar a súa empregabilidade no futuro, en centros de investigación e empresas como as que atoparán no Polo Aeroespacial de Galicia como Avincis, quen está a desenvolver un programa de I+D en colaboración coa compañía Telespazio centrado en dar resposta a importantes retos a través de tecnoloxías de sistemas non tripulados.
Recibiron unha charla STEM e visitaron a torre de control e o hangar na primeira parte da actividade, na segunda parte (IRCAAS, Avincis), ademais de analizar por que voa un avión, observaron as características do prototipo UA5 LUMES, visitaron o vehículo móvil de comando e control das aeronaves, a sala de simulador de voo e experimentaron cada un/ha un voo dun dron en entorno terrestre e mariño a través dunhas gafas 3D.
Voaron e aterraron satisfactoriamente!
Actividade "Fly the Future" en Rozas
Fotos de Beatriz López CC BY-SA