O día 11 de abril, publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.
Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que obtivera unha nota media de bacharelato igual ou superior a 8,75 e cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.
O prazo de presentación comezou o pasado día 29 de abril e remata o 28 de maio de 2019.