Skip to Content

1º bacharelato

Obradoiro manga

Boa tarde!

O obradoiro  de manga farase extensivo a todo o alumnado aínda que non sexan socios do anpa.

O prezo é de 16 euros xeral e un desconto de 3 euros para socios  anpa.

Animádevos! 

Configuración de materias Curso 2022-2023

Publicada no taboleiro do instituto a configuración definitiva de materias do alumnado matriculado nos cursos 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

A configuración de materias do alumnado que non aparece na lista corresponde coas materias sinaladas no impreso de matrícula con maior preferencia.

Para dúbidas ou cambios remitir un correo ó seguinte enderezo:

ies.santairene@edu.xunta.gal

Inicio do curso 2022-2023

O xoves, día 8 de setembro de 2022, dará comezo o curso 2022-2023 cunha xornada de benvida escalonada por niveis (consultar documento adxunto) que terá unha duración aproximada de hora e media.

O alumnado recibirá o horario do seu grupo este mesmo día 8 de setembro e comezarán as actividades lectivas ordinarias o venres, día 9 de setembro.

 

Entrega de notas da avaliación extraordinaria de diúrno e nocturno

 No adxunto poderedes consultar o horario de entrega de notas así como as aulas nas que terá lugar.  O alumnado de nocturno debe reparar nas aulas de entrega pois houbemos de cambialas por mor da oposición que se está a desenvolver no centro.

Calendario de matrícula Curso 2022-2023

Calendario de matrícula para o curso 2022-2023

*Período oficial de matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023

Publicada no Portal FP a oferta de formación profesional sostida con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros de Galicia, así como a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023

Calendario fin de curso 2021-2022 (1º Bacharelato)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos de 1º de bacharelato segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para alumnado de bacharelato para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal no verán deste ano 2022. O prazo de solicitude remata o 28 de febreiro. Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/.

Calendario de pendentes 2021/2022

Calendario de exames para recuperación de materias pendentes, curso 2021/2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut