Skip to Content

Libros de texto

Detectado erro nun libro de texto

Detectado erro no ISBN do libro de 1º de bacharelato da materia "Historia do mundo contemporáneo".

Xa está correxido e actualizado no documento da páxina web.

Disculpen as molestias.

Adxudicación definitiva do fondo solidario de libros para o curso 2020/21

Informamos de que xa poden consultar na Secretaría do centro os libros de texto do fondo solidario adxudicados aos seus fillos para o curso 2020/21.

As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.

Listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto

Xa se poden consultar no taboleiro do instituto as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto.

Igualmente, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

O prazo para reclamacións é de dous días hábiles a partir do día seguinte á súa publicación, é dicir, o luns 13 e o martes 14 de xullo.

Libros de texto 2020-2021

Publicamos no documento adxunto a relación de libros de texto para o vindeiro curso. O alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros de Texto da Xunta de Galicia deberá esperar a setembro ata coñecer os libros adxudicados.

Prestar atención a aqueles que recomendan esperar a falar co profesor/a ou que están pendentes da formación de grupo.

Información alumnado da ESO, pais e nais da devolución dos libros de texto do fondo solidario e chaves da taquilla

Achegamos o arquivo onde aparece o horario por día e curso para entregar os libros de texto do fondo solidario e as chaves da taquilla.

Publicada a convocatoria de Fondo Solidario de libros de Texto

O día 19 de maio de 2020 sae publicada no DOG a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

Listaxe provisional Fondo de Libros e Material Escolar

Publicamos a listaxe provisional de persoas admitidas e número de libros adxudicados no Fondo Solidario de Libros de texto e Material Escolar.

En caso de disconformidade, o prazo para reclamar remata o luns 15 de xullo, ás 14:00 horas.

Libros de texto 2019-2020 ACTUALIZADO

No arquivo adxunto pódese consultar a relación de libros de texto para o curso 2019-2020. Prestar atención a aqueles que recomendan esperar a falar co profesor/a ou que están pendentes da formación de grupo.

IMPORTANTE. Houbo un erro no libro de ECONOMÍA de Empresa de 2º de bacharelato. En caso de que algunha persoa xa o teña adquirido e non teña posibilidade de cambio, que pase polo centro.

Publicada a convocatoria de Fondo Solidario de libros de Texto

O día 20 de maio de 2019 sae publicada no DOG a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

Resolución Fondo de libros

Xa temos no centro a resolución do Fondo de libros, para o alumnado que o solicitou en prazo e devolveu todos os libros en perfecto estado.

Pódese pasar por secretaría para coñecer que libros adxudicaron a cada alumno/a. Esta información só se dará presencialmente, trala identificación do pai/nai/titor/titora. Non se poderá comunicar por teléfono.

Distribuir contido


by Dr. Radut