A consellería de Educación convoca axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019 para alumnado de centros públicos. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de maio de 2019.
As axudas están destinadas a alumnado de 3º e 4º de ESO que teñan todas as materias superadas e unha puntuación mínima de 6 na materia de inglés no curso 2017/2018.
As quendas serán do 25 ao 31 de agosto e do 1 o 7 de setembro. Para máis información, STEMweek