Eleccións_Consello Escolar_2024
Achégase resumo das eleccións ao Consello Escolar que se celebrarán próximamente.
REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR
- Equipo directivo – Director/a, Xefatura de estudos, Xefatura de estudos adultos, Secretario/a (con voz e sen voto).
- Profesorado – Sete membros do profesorado. Nas eleccións do 2024 elíxense catro profesores/as con nomeamento de catro anos. Continúan os/as tres membros nomeados/as nas eleccións do ano 2022.
- Familias – Tres membros. Un dos membros é designado pola Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA). Nas eleccións do 2024 elíxense dous membros con nomeamentos de catros anos (a primeira candidatura en votos) e dous anos (a segunda candidatura en votos).
- Alumnado – Catro membros. Nas eleccións do 2024 elíxense catro membros con nomeamentos de catro anos (as dúas primeiras candidaturas en votos) e dous anos (a terceira e cuarta candidatura en votos).
- Persoal de Administración e Servizos (PAS) – Un membro. Continúa a persoa nomeada nas eleccións do ano 2022.
- Representante do concello – Un membro designado polo Excmo. Concello de Vigo.
XUNTA ELECTORAL
Integrada polo/a Director/a, un/ha profesor/a, un/ha representante das familias, un/ha representante do persoal de administración e servizos e un/ha alumno/a de educación secundaria designados/as os catro últimos por sorteo público.
MESAS ELECTORAIS
- Profesorado – Director/a (presidente), profesor/a de maior idade, profesor/a de menor idade (secretario/a).
- Familias – Director/a (presidente), catro representantes das familias elixidos/as por sorteo, actuando como secretario/a o/a representante de menor idade entre os anteriores.
- Alumnado – Director/a (presidente), dous alumnos/as elixidos/as por sorteo, actuando como secretario/a o/a alumno/a de menor idade entre os anteriores.
CALENDARIO ELECTORAL
Sorteo público dos membros da Xunta Electoral e das mesas electorais – Xoves, 10 de outubro, ás 17:00 h, no paraninfo do centro.
Constitución da Xunta Electoral – Entre os días 22 e 28 de outubro (ambos incluídos).
Eleccións –Realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro (ambos incluídos). A xunta electoral establecerá o calendario de votacións.
NORMATIVA
- Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
- Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario.
- Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Eleccións ao Consello Escolar 2024.pdf | 178.63 KB |