Skip to Content

Escola de Nais e Pais - Inicio o 29 de xaneiro de 2024

Estimados nais e pais,

O vindeiro 29 de xaneiro de 2024 ás 19:30 horas, dentro do Proxecto da Escola de Nais e Pais, terá lugar o primeiro encontro no Paraninfo do IES Santa Irene de Vigo. A conferencia, a cargo do nutricionista do Sergas Nicolás Piedrahita, versará sobre nutrición e dietética. Esta actividade conta coa colaboración da Consellería de Sanidade e o apoio da ANPA e o profesorado do centro.

Convidamos a todas as familias a participar activamente neste primeiro encontro con entrada gratuíta ata completar aforo.

Durante o curso 2022-2023 iniciouse a renovación do Plan de convivencia e Benestar Emocional do IES Santa Irene. No primeiro trimestre do presente curso 2023-2024 rematou o proceso de concreción de dito Plan e da programación das actuación que se van a desenvolver. O seguinte paso é o de difundir o proxecto que pretende incidir, fomentar e facilitar a participación de toda a comunidade educativa na convivencia do centro para que os valores que se pretenden transmitir sexan postos en práctica no seo das familias e en calquera ámbito da sociedade. Preténdense consolidar as estruturas de participación co obxectivo de que as familias se sintan parte do centro, ofrecendo formación especializada en materia de convivencia, coeducación e benestar emocional e, prestando especial atención, á formación en materia de habilidades sociais.

De aí xorde o proxecto educativo “Escola de nais e pais”. Dentro deste proxecto organizaranse, ao longo deste curso 2023-2024 e o vindeiro curso 2024-2025, xornadas de formación de carácter mensual nas que se pretende ofrecer formación con conferencias especializadas e obradoiros.

Dentro do programa de Educación en saúde e benestar do Plan de convivencia contémplanse as seguintes temáticas:

-   Xornadas sobre a Nutrición (colaboración da Consellería de Sanidade).

-   Prevención do consumo de drogas.

-   Prevención do uso abusivo de internet e as redes sociais.

-   Educación sexual e internet.

 



story | by Dr. Radut