Fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (Ampliación)
Segundo establece a Orde do 29 de abril de 2022 e o EXTRACTO da Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:
- As persoas que xa foron beneficiarias da axuda para adquirir material escolar por importe de 50 €, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, e o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, debe recoller o novo vale de material escolar dispoñible no centro con importe de 25 €.
- Este vale deberá empregarse na libraría/establecemento preferentemente antes do día 1 de decembro de 2022.
- Os talóns de cargo correspondentes a estes vales deben presentarse preferentemente ata o 12 de decembro de 2022.
Librarías incluidas no programa