Probas de nivel lingüístico 2023-2024
NORMATIVA APLICABLE
Resolución de 29 de septiembre de 2023, por la que se regula la gestión de pruebas de acreditación de competencia lingüística en lenguas extranjeras para el alumnado que curse estudios en centros públicos en el curso 2023/24.
As probas están destinadas ao alumnado de bacharelato e alumnado de 4º da ESO.
O alumnado interesado nas probas de nivel lingüístico debe anotarse na secretaría do centro desde o día 06 de novembro de 2023 ata o 21 de decembro de 2023, en horario de 09:00 h a 14:00 h.
O día 5 de decembro de 2023, o persoal de Cambridge English ofrecerá unha sesión informativa ao alumnado interesado no paraninfo do centro co seguinte horario:
- 4º ESO, 1º Bach e 2º Bach 10:30-11:20 h
REPARTO DAS BOLSAS EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Das bolsas concedidas ao IES Santa Irene asignarase o 80% das bolsas as probas en lingua inglesa do niveis B1, B2 e C1 e o 20 % das bolsas as probas en lingua francesa dos niveis B1 e B2.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO
Se o número de solicitantes fose maior que o número de bolsas dispoñibles en cada lingua os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:
- Alumnado de 2º Bacharelato (Resolución de 29 de septiembre de 2023)
- Cualificación final da materia de lingua inglesa ou francesa, segundo corresponda, do curso 2022-2023.
- Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o alumno/a no curso 2022-2023.
LISTAXE PROVISIONAL DE BOLSAS E TAXAS DE EXAME
A listaxe provisional de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico e as taxas de exame publicarase no taboleiro do IES Santa Irene o martes, día 23 de xaneiro de 2024. O período de reclamacións e cambios será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional.
LISTAXE DEFINITIVA DE BOLSAS E TAXAS DE EXAME
A listaxe definitiva de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico e as taxas de exame publicarase no taboleiro do IES Santa Irene o xoves, día 01 de febreiro de 2024.
PAGO DE TAXAS
O período de pago das taxas de exame comezará o venres, día 02 de febreiro de 2024, e rematará o xoves, día 29 de febreiro de 2024, ambos inclusive.
- O pago das taxas de exame realizarase na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h, entregando a cantidade indicada nun sobre onde figure o nome e apelidos do/a alumno/a e o DNI.
- De non consolidar o pago das taxas de exame no plazo establecido entenderase que o/a alumno/a renuncia á realización das probas e, de ser o caso, á bolsa adxudicada.
LINGUA INGLESA
LUGAR E DATA DAS PROBAS
As probas terán lugar o sábado, día 04 de maio de 2024, no IES Santa Irene.
PREZO ALUMNADO CON BOLSA
Titulacións Cambridge English Qualifications |
P.V.P. |
B1 Preliminary / Preliminary for Schools |
0 € |
B2 First / First for Schools |
73 € |
C1 Advanced |
85 € |
PREZO ALUMNADO SEN BOLSA
Titulacións Cambridge English Qualifications |
P.V.P.* |
B1 Preliminary / Preliminary for Schools |
100 € |
B2 First / First for Schools |
173 € |
C1 Advanced |
185 € |
LINGUA FRANCESA
LUGAR E DATA DAS PROBAS
As probas do nivel B1 serán o mércores 24 de abril de 2024, de 17:00 h a 18:55 h e as probas do nivel B2 serán o xoves 25 de abril de 2024 de 17:00 h a 19:30 h, no IES San Tomé de Freixeiro. As probas orais individuais desenvolveranse entre o luns 15 de abril de 2024 e o venres 17 de maio de 2024.
PREZO ALUMNADO CON BOLSA
DELF SCOLAIRE NIVEAU |
P.V.P. |
DELF scolaire B1 |
2,90 € |
DELF scolaire B2 |
21,80 € |
PREZO ALUMNADO SEN BOLSA
DELF SCOLAIRE NIVEAU |
P.V.P. |
DELF scolaire B1 |
102,90 € |
DELF scolaire B2 |
121,80 € |