Skip to Content

Proxecto de Valoración da Condición Física e Saúde (DAFIS)

No curso 2021/2022 o Departamento de Educación Física (integrado por Carlos Ferro, José Manuel Ben e Ángela Gil Martínez) participou no plan DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), unha ferramenta para valorar a condición física dos alumnos.

A valoración faise a través dunha serie de probas físicas e medidas corporais. A elección destas probas foi realizada por personal médico e deportivo, atendendo a súa pertinencia e facilidade de realización. Xa ten unha longa andadura e unha probada eficiencia para valorar o estado de saúde e condición física dos menores. 

Recordamos que as medidas corporais recollidas son o peso, talla, perímetro de cintura e perímetro de cadeira. En canto ás probas físicas (seguir o enlace para saber profundizar na aplicación de cada unha delas), deberon realizar prensión manual coa man dereita e esquerda, proba de flexibildiade, proba de velocidade de 4x10 m., proba de forza do tren superior mediante unha suspensión en barra e proba de resistencia aeróbica mediante a course navette. 

Con estos datos, realízase un informe persoal que recibe cada alumno e a nivel global de centro podemos extraer conclusións importantes. Para facilitar este traballo presentamos tres arquivos adxuntos. 

O primeiro deles é un informe xeral por idades que elabora a propia ferramenta web onde introducimos os datos. Fai unha presentación por idades en comparación coa mediana e os califica en función da mediana galega (xa se fixeron 40688 valoracións) nun nivel “moi baixo, baixo, medio, alto ou mi alto”.

A maiores, elaboramos un segundo informe só cos datos do índice de Masa Corporal (IMC) obtido a través das nosas medicións. A utilidade demostrada deste índice e o seu uso habitual en medios de comunicación, fixo que nos interesase o seu estudo polo miúdo.

Finalmente, no terceiro arquivo, facemos un comparativa moi completa por idades e sexos para cada proba en relación coa mediana galega, que viría c complementar o primeiro informe. É outra forma, visualmente máis sinxela, para que cada alumno ou pai/nai, indague un pouco máis a franxa de idade que máis lle interesa.

O noso desexo é manter este proxecto nos vindeiros anos e seguir proporcionando unha información a toda a comunidade educativa sobre a condición física dos discentes.

Juan Carlos Ferro Pozo

Xefe Departamento de Educación Física

AdxuntoTamaño
ESTUDO DO IMC 2021_2022.pdf249.34 KB
COMPARATIVA XERAL POR PROBAS E POR IDADES.pdf600.84 KB
ESTUDIO MEDIANA NAS PROBAS REALIZADAS.pdf103.37 KB
ANÁLISE DOS RESULTADOS DAFIS 22_23.pdf638.79 KB
IMC 22_23.pdf326.83 KB
ESTUDIO DEL PESO DE LAS MOCHILAS EN EL IES SANTA IRENE.pdf684.89 KB


page | by Dr. Radut